Alberto Lema

Alberto Lema (Bamiro, Vimianzo, 1975) é autor dos poemarios Plan de fuga (Estaleiro Editora, 2008) e Crónica do chan (Edicións Corsarias, 2014). En narrativa, publicou a novela breve Unha puta percorre Europa (Editorial Galaxia, 2008),  os dous relatos de Sidecar (Editorial Galaxia, 2009) e a novela Da máquina (Galaxia, 2012). Obtivo o Premio García Barros de novela por Pazo de inverno (Galaxia, 2021). Entre 2015 e 2019 foi concelleiro de Emprego, Turismo, Promoción Económica e Mercados no Concello da Coruña.

En euseino.org
“Decálogo da novela. ¿Escribir desde fóra?”, euseino.org, 12 de setembro de 2022