Miriam Sánchez Moreiras

Miriam Sánchez Moreiras (Vigo, 1970) cursou estudios de grao e posgrao na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e ten un doutoramento en Literatura Española pola Universidade de Colorado en Boulder (EUA). Na actualidade, o seu interese investigador céntrase no modo como as subxectividades se distribuén na poesía e o conto contemporáneos a partir das propostas teóricas dos representantes do chamado “xiro realista”. Publicou diversos traballos de investigación nas áreas de literatura española contemporánea, literatura hispanoamericana e teoría da literatura. Actualmente traballa como instrutora de español na Universidade de Regis en Denver, Colorado.

É autora do poemario Contra Rochester (Edicións Xerais de Galicia, 2004) e de obras de ficción coma Onde perdeu Lúa a risa? (Kalandraka, 2001).

Publicado en Euseino? Editores
Poesía e veredición. Unha aproximación ao pensamento de Alain Badiou“, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 18, xuño de 2018.