A monstruosidade moderna

 

 

 

ISBN 978-84-945621-9-8

Col. Casabranca 9
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2019

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
316 páxs.
PVP 15 euros [14,40 + 4% IVE]


Mercar

A monstruosidade moderna – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,86 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón "Na internet".

€16,86


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


A realidade está sometida ao suxeito, só existe aquilo que este é quen de pensar, todo se organiza a partir da correlación entre suxeito e mundo. Esa é a razón de que o principio lexitimador da Idade Moder­na sexa a liberdade, de aí a importancia que adquire a figura do artista.

Para achegarse a unha nova concepción da reali­dade que non dependa exclusivamente desa escisión entre suxeito e mundo, a argumentación que segue Carlos Lema neste libro organízase en tres partes, cada unha delas arredor dunha idea: comeza cunha teoría do suxeito como cidadán e artista, remata cunha reflexión sobre o que o autor denomina a consunción tardomo­derna e sobre a ­ab­so­lutización da ­subxectividade na que se inclúe “o contrafío das mulleres”. No centro, vin­culando as partes inicial e final, sitúase a representación como mediación que fai posible a relación entre a singularidade do cidadán-artista e o pacto moderno.

Co eixo situado na cuestión do pragmático, a primeira parte deste libro centra o debate en torno ao artista moderno. A continxencia, que todo o con­diciona e todo o fai posible, transforma o pensamento en algo antidogmático e pragmático, de tal xeito que a deturpación pragmática da arte ten como resultado a produción da cousa mesma, é dicir, a representación como cousa que se emancipa de quen a pensa. Iso non significa que a pluralidade de perspectivas vaia ocupar o sitio da verdade, todo o contrario, esa pluralidade non sería posible sen unha norma de verdade potencialmente transcendente: a universalidade do disenso.

Na segunda parte, o libro introdúcese no siloxismo da representación a través da poesía, da infancia e da alma. O suxeito é porque di algo de si mesmo; nesa autorrepresentación é onde reside a potencia do enunciado da autopoiese como causa mundi. Chégase á terceira e última parte facendo unha historia da emancipación das mulleres por medio da cultura. O bios triunfa sobre a zoé feminina; a determinación de xénero reelabórase como identidade cultural.

A conclusión que se dá no ensaio final é que a pólis moderna xa non se articula directamente sobre o cidadán, como acontecía desde a Grecia arcaica, senón a partir das súas decisións verbo da representación. Estamos, polo tanto, diante do triunfo da corre­lación mundo-pensamento pois só a través do suxeito se pode ­acce­der ao mundo, unicamente o suxeito ten poder ­constituínte, o dunha auto­sobe­ranía que, en forma de consunción, fai as veces de salvación. Nese labor que ten como obxectivo facer o subli­me accesible, a consagración do ser humano como artista sinala definitivamente o triunfo da monstruo­sidade moderna.


Índice: 9, Introdución. Cidadán e artista: as consecuencias ontolóxicas dunha reificación — 23, Parte 1. A monstruosidade moderna – 25, A deturpación pragmática do artista moderno, ou a representación do consenso sobre o suxeito – 25, O modelo Goethe e o disenso de Lessing: 25, § 1. Vida nacional; 28, § 2. Copertenza; 30, § 3. Tema actual; 31, § 4. Lessingzeit; 33, § 5. Estética; 37, § 6. Xenialidade; 41, § 7. Crítica; 42, § 8. Modelo; 48, § 9. Verdade e creación – 48, Xenialidade e diferenza como pragma: 48, § 10. Pacto social e irrupción do suxeito; 50, § 11. Modos de existencia; 51, § 12. Entendemento xeral; 55, § 13. Liberdade e disenso; 60, § 14. Instrumentalidade; 61, § 15. Pólis, política e límites da cidade; 63, § 16. Monstros da modernidade – 66, Unha transición: a polémica sobre a loucura: 66, § 17. Derrida e Foucault: historia dunha controversia; 67, § 18. O instante da decisión; 67, § 19. A linguaxe da razón; 68, § 20. Inconceptualidade; 70, § 21. Louvanza da loucura; 71, § 22. Xenealoxía; 72, § 23. Posibilidade e ficción; 73, § 24. Hipóstase; 73, § 25. Texto ou historicidade da exclusión; 75, § 26. O senso do ser; 76, § 27. A ampliación da razón – 76, A superación da polémica: o principio de irrazón: 76, § 28. Continxencia e irrazón; 79, § 29. Pensar un x independente; 84, A solución de Gabriel; 84, § 30. Sinnfelder; 85, § 31. O espazo das razóns; 87, § 32. Disenso e obxectividade; 90, § 33. Teoría da verdade como disenso – 92, Recapitulación: a masa paradoxal da inconceptualidade: 92, Reexposición dos antecedentes; 96, Reexposición dos consecuentes – 99, Teses sobre a representación do suxeito – 105, Un monstro. A xustificación estética da vida – 119, Teoría do suxeito. Situacións e relacións: 119, 1. Igualdade; 120, 2. Representación; 121, 3. Liberdade; 122, 4. Situación; 124, 5. Consciencia; 126, 6. O suxeito da Historia; 131, 7. Representación, devir e vida; 132, 8. Da presenza, os obxectos e o amor; 135, 9. Definición de vida; 136, 10. Homo faber, o suxeito produtor; 144, 11. A filiación libre — 147, Parte 2. O siloxismo da representación – 149, Vinte e unha teses sobre a poesía como representación – 159, Poesía e infancia: 160, O desvío materialista; 161, Fóra da correlación – 165, Alma e poesía. A afección do suxeito polo disenso —171 Parte 3. A consunción tardomoderna – 173, As fadas modernas. Primeiras autoras, infancia e literatura: 178, Contos de fadas, escritoras e razón; 188, Coñecemento e pedagoxía; 197, O matrimonio como liberdade; 198, Autoridade e lei; 202, Suxeito, amor e pacto social; 205, Mulleres con autoridade – 209, O contrafío das mulleres: 213, As mulleres daimónicas; 218, Símbolo e diábolo; 220, A monstruosidade moderna; 225, Arte como filiación libre; 229, Maternidade, filiación e afiliación – 235, A política como consunción tardomoderna: 235, 1. A política moderna: a representación como mediación; 237, 2. O uso político do entendemento xeral; 240, 3. Tardomodernidade: da consunción tardomoderna como inversión do moderno adiado; 251, 4. Lexitimidade e salvación: do cristianismo ao pacto moderno; 255, 5. Consumo ostentoso e consunción tardomoderna; 261, 6. A modernidade como consunción imposible; 271, 7. Lexitimidade e produción de subxectividade; 272, 8. Tres tipos de réximes — 275, Bibliografía — 289, Índices – 291, Índice temático – 305, Índice xeral


 

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave