Tempo sen devir

Cuberta+lomboSeguido deContinxencia e liberdade:  unha comparación entre materialismo  especulativo e ciencia experimental“, por Anna Longo.

Traducidos do inglés e do italiano
por Carlos Lema.

ISBN 978-84-617-2954-8

Col. Casabranca 4
1ª edición, 1ª impresión: novembro de 2014

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
106 páxs.
PVP 9 euros [8,64 + 4% IVE]


Mercar

Tempo sen devir – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

€10,90


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


O ensaio «Tempo sen devir» representa unha síntese eficaz da estratexia filosófica de Quentin Meillassoux. Segundo o autor, é precisamente porque a ciencia describe unha realidade absolutamente ­precedente e independente respecto de calquera suxeito, como é o caso da realidade ancestral, polo que é necesaria unha filosofía capaz de lexitimala, un realismo non inxenuo que evite simultaneamente o correlacionismo e a metafísica dogmática. O programa do materialismo especulativo de ­Mei­llassoux resulta, entón, da máxima importancia e ­actualidade, pois per­mitiría ao pensamento filo­sófico realizar, ao cabo, a revo­lución copernicana que a ciencia xa efectuou hai tempo, relegando o suxeito ás marxes dun universo completamente autónomo, dunha realidade independente del e do seu intelecto. O volume complétase cun ensaio de Anna Longo no que se propón unha comparación entre o materialismo especulativo de Meillassoux e a ciencia contemporánea ou ciencia da complexidade.

*  *  *

Índice: Tempo sen devir – 1. Correlacionismo.— 2. O problema do arquifósil.— 3. O principio de factualidade.— 4. O principio de contradición – Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental – 1. Formalización lóxica e necesidade causal.— 2. O problema da indución da causalidade.— 3. Causalidade e liberdade.— 4. Causalidade e necesidade.— 5. A posibilidade da ciencia — Bibliografía.


A opinión da crítica

Tabela dos libros en Criticalia: febreiro de 2015.

2015_febreiro_tabela

Deixar un comentario