ISBN 978-84-945621-5-0
Col. Onocrótalo 2
1ª edición, 1ª impresión: decembro de 2017
1ª edición, 2ª impresión: abril de 2018
280 x 200 mm
Tapa dura
44 páxs. Impreso en cor
PVP 15 euros [14,42 + 4% IVE]
Mercar
Lica – Compra con tarxeta
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pagos. Gastos de envío incluídos (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.
€16,90
Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)
Escrito e ilustrado por Beatriz Fraga, a historia deste álbum está contada a través dos círculos, triángulos, rectas e curvas que dan forma á personaxe protagonista. Páxina a páxina, nun xogo con quen le, Lica xorde á vida a través da combinación das figuras. As ilustracións están inspiradas na arte abstracta para salientar as cores, as liñas e os puntos nunha composición dinámica co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma nunha adiviña feita de imaxes, o libro convida a descubrir formas que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos.
Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, axuda a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea. A autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos.
[Véxase o artigo “Unha adiviña feita de imaxes”.]
Para todas as idades, incluídos os primeiros lectores.
“Aquí chega Lica”
Vídeo de animación realizado por Xosé Ramón Bernárdez.
A opinión da crítica
María Navarro en Faro da Cultura, xoves, 10 de maio, 2018, páx. VI.
“O texto breve e en cores resalta sobre un fondo negro que capta dende o comezo a atención de quen se achega ao volume coa intención de descubrir unha historia […]. Tamén apela á sensualidade e á elegancia como formas de crear e expresar pensamentos e ideas […].”
“O círculo ofrece a redondez precisa para delimitar un universo que a idades temperás soe ser reducido fisicamente pero quizais moi extenso na imaxinación e que en calquera caso convén ir ampliando pouco a pouco para dar cabida a coñecementos, experiencias, vivencias que han de forxar a personalidade e o carácter dos destinatarios deste libro que Beatriz Fraga […] para amosar a capacidade evocadora da palabra e dos trazos.”
“Lica xoga coa sorpresa dende o comezo. Chama á porta, anuncia a súa chegada e establece un diálogo visual e verbal co lector propoñéndolle unha sorte de enigmas que convidan a pensar e reflexionar, a investigar e aventurar respostas que se revelan marabillosas por inesperadas.”
A opinión dos lectores
Alí. Recursos en galego para a Educación Infantil
“Unha obra que sorprende, a calquera idade, coa complicidade entre o texto simple e os xogos de formas e cores que van transformando Lica paso a paso e páxina a páxina.”
A opinión do matemático Xavier Martínez Torres, en euseino.org
“[…] Aparentemente, trátase dun libro ilustrado que un neno ou nena de curta idade pode, sen dúbida, ler e divertirse ao mesmo tempo mais que tamén, a medida que a idade (mental) avanza, un pode ir analizando todo o transfondo —que abofé a autora pretendeu proporcionar— que o libro posúe en varias vertentes.
Na vertente puramente xeométrica, a importancia dos círculos e das circunferencias que desde a época dos gregos teñen tanta relevancia polas súas brillantes características e multitude de posibilidades.
Na vertente fractal, ¿como é posible que coa mesma figura xeométrica sexamos capaces de realizar tantas versions animais diferentes? ¿Como unha simple composición da mesma forma, o círculo, pode dar lugar a tantas figuras e, neste caso, figuras animais? Ese é o poder da teoría de fractais que está tan presente en arquitectura, na arte, etc. Pois ben, a autora foi quen de mostralo neste libro. […]
Trafegando Ronseis, “Lica”, 13 de xullo de 2018:
“Encantoume esta proposta de álbum ilustrado: Lica de Beatriz Fraga está publicado por Euseino? Editores. A orixinalidade é total: é unha historia contada con figuras xeométricas e cores básicas. Realmente, é un pracer para os sentidos pasar cada páxina e sorprenderse con cada nova forma proposta, unha forma que convida a descubrir figuras fuxindo de estereotipos. Un xeito de achegar ao lectorado máis novo a arte contemporánea, a linguaxe artística. Un pracer descubrir quen é a protagonista final a base de emocións visuais e tamén, claro está, conceptuais.”
“Día do libro, descubrindo a Lica”, en Peques no cole, 23 de abril de 2018:
“Hai unha semana que comezamos as actividades de animación á lectura co novo álbum ilustrado publicado por Beatriz Fraga, titulado Lica. A través das formas (círculos, triángulos, curvas, rectas …) nace a protagonista deste libro.”
A recomendación das librerías
Lica en Numax presenta, Boletín do 7 de abril de 2018.