A verdade errada e a representación errante


En acceso aberto:
 A verdade errada [PDF]  / A verdade errada [edición electrónica] [ebook en arquivo comprimido zip]  / A verdade errada [edición electrónica] [ebook —vía Dropbox]

 

A verdade errada e a representación errante, de Rebeca Baceiredo, fai unha exposición directa, non exenta de interrogacións e cuestionamento, da modernidade e da produción de epistemes. Desde a socioloxía, o positivismo e o marxismo ás distintas semióticas e réximes de verdade. A autora analiza as imaxes,  a representación e a produción de verdade, pregúntase sobre a oposición entre verdade e ficción e introdúcese na fragmentación ontolóxica da representación para logo analizar a subxectivación dixital, o ego fronte á identidade.

A filósofa pregúntase se todo discurso, toda enunciación pon en perigo a interioridade do suxeito, se este realmente nunca chega a posuír o seu discurso. Se emite, reproduce o escoitado e visto, as ficcións arquetípicas, ou se podería falar desde fóra de si, desde fóra de si como suxeito, afastado da forma gramatical coa que se representa. Polo tanto, se a tal fala pode ser articulada a partir da autorreflexión ou se soamente pode ser pensamento do pensamento, palabra da palabra, representación.

“Dese despregamento presentado podemos obter a verdade, o verdadeiro e o verosímil, do mesmo xeito que permitiría propor, con conflito, o real e a realidade, e a verdade e a ficción. A realidade é xa selección, tería a verdade que coincidir co real? Mais o real é inaccesible, así que sobre el se fai unha unha con-formación interpretativa que funcionaría, en último caso, como ficción. E aí está o quid. Derrúbanse as barreiras entre a verdade e a ficción na posmodernidade, ou é que nunca foron diáfanas e non poden selo, nin ontolóxica nin epistemoloxicamente?”

Índice: 9, 1. Modernidade e produción de epistemes – 10, Socioloxía e positivismo. Marxismo sociolóxico — 21, 2. Imaxes, representación e produción de verdade – 24, Semióticas e réximes de verdade — 31, 3. Enunciados e ideoloxía – 34, Réximes de verdade e produción de subxectividade – 40, Verdade fronte a ficción? — 55, 4. A posmodernidade conservadora e a posibilidade postestruturalista – 57, A fragmentación ontolóxica da representación – 64, A subxectivación dixital: ego fronte a identidade – 74, A arte e a apertura de sentido. Apropiación: cuestionamento do réxime de verdade ou escorregamento? — 85, Bibliografía

Col. Rúa do Sol 3
185 x 135 mm
PDF e libro electrónico
102 páxs.

ISBN 978-84-945621-7-4

Edición non venal – Acceso aberto, 2018

Para descargar gratuitamente o libro en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:

A verdade errada [PDF]

Descárgueo gratuitamente tamén en formato ebook —vía Dropbox— na ligazón:

A verdade errada [edición electrónica]

Ou ebook nun arquivo comprimido [zip]:

A verdade errada [edición electrónica]

 


Apoie as publicacións en acceso aberto.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

 

A opinión da crítica

Tabela dos libros en Criticalia: abril de 2018.

2018_abril_tabela

 

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave