Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 9, xuño de 2015
Graham Harman, “Da causación vicaria“
Neste artigo, Graham Harman rexeita calquera privilexio do acceso humano ao mundo e sitúa os asuntos da consciencia humana exactamente ao mesmo nivel “da condición dos microbios, dos terremotos, os átomos e o alcatrán” sen que iso implique “unha defensa dese naturalismo científico que todo o reduce a un asunto físico”. O obxectivo do filósofo é rescatar a filosofía da dedicación exclusiva ás relacións do suxeito co mundo:
“Durante varios séculos, a filosofía estivo á defensiva fronte ás ciencias naturais, actualmente ocupa unha posición inferior no prestixio social e, sorprendentemente, acabou sendo un asunto de importancia limitada. Unha ollada rápida á historia amosa que non foi sempre así. Para concretar unha ofensiva, soamente é necesario inverter as persistentes tendencias de renuncia a toda especulación sobre obxectos e a voluntaria retirada ao cada vez máis reducido gueto das realidades exclusivamente humanas: linguaxe, textos, poder político. A causación vicaria céibanos de semellante encarceramento ao devolvernos á cerna do mundo inanimado, quer natural quer artificial. A singularidade da filosofía está asegurada non por murar unha zona da preciosa realidade humana que a ciencia non pode tocar senón por atinguir o mesmo mundo que atinguen as diversas ciencias mais facéndoo dun xeito diferente.”
Traducido do inglés por Hadrián Loureiro
60 páxs.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta
Apoie as publicacións en acceso aberto.
A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.