Roberto Abuín

Roberto Abuín (Rianxo, 1979) estuda Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente, especialízase en Antropoloxía na Universidade da Terra (Oaxaca, México), a carón do teórico e activista Gustavo Esteva, afondando na obra de Iván Illich e no estudo de sistemas ontolóxicos indíxenas de comunidades mixtecas e zapotecas. Seguiu cursos de Teoría da Literatura e Psicanálise na Universidade Autónoma de México. Foi cofundador e editor literario da Editorial Almadía e é actualmente coeditor de Axóuxere Editora. Está interesado na interrelación entre filosofía e literatura, nese ámbito intermedio no que se abre a posibilidade dun pensamento —do— por-vir.

É autor do ensaio Orfeo canta. Iniciación, signo & retorno (Axóuxere, 2018).

Publicado en Euseino?

“Ogham, ou arredor da escrita”Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 15, xaneiro de 2017.
“Todo ser humano é un artista”Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 23-24, maio de 2020.

En euseino.org
“Do novum e da novela”
, euseino.org, 6 de marzo de 2019.

Participou no Programa “Filosofía nas Bibliotecas” 2016 coa conferencia “Axeitarse á cerna do —noso— dicir: retallos para un pensar galego”.