Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas – Travesías cara á nada

ISBN 978-84-121580-9-0

Col. Casabranca 13
1ª edición, 1ª impresión: outubro de 2022

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
148 páxs.
PVP 19 euros [18,27 + 4% IVE]


Clarice Lispector: intuicións ontolóxicas – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

20,90 €


Mercar


Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


Este non é un ensaio filosófico usual. Nel refle­xió­nase sobre conceptos coma deus, o tempo, a morte, o acontecemento e a subxectividade no horizonte da disolución do eu e da pregunta polos límites da linguaxe. O excepcional é o terreo no que se ins­criben estas ideas, que non é o propio do discurso teórico nin da análise fenomenolóxíca senón algún punto interme­dio e bastardo entre a escritura e a vivencia real. Rebeca Baceiredo extrae o pensamento do relato da experiencia íntima e filosófica que a escritora brasileira Clarice Lispector achegou a través da súa obra e dos seus personaxes. Unha intimidade que, mediante o exer­cicio da interpretación, se espalla desde a literatura para resoar no campo da filosofía.


O resultado é unha fascinante dramatización de ideas, unha travesía por un mundo no que o deus xeométrico de Spinoza asusta, a cousa en si nos dá ­leccións de vida e as poetas regresan das súas liortas nos límites da linguaxe cos ollos inxectados en sangue e cheirando a queroseno. E, sobre todo, unha cha­ma­da a outro xeito de escribir filosofía.


Índice: 11, Cap. 1. A linguaxe como ritornello – 11, A escritura de Clarice, por Clarice – 24, As palabras son cousas – 30, Pensar é viaxar — 39, Cap. 2. ¿Que facer coa vida? – 39, O sufrimento do eu – 44, Habitualmente son eu, mais eu é outro – 52, Tránsitos de subxectividade – 56, O proceso de desubxectivación – 64, A vida inmanente, pura exterioridade – 69, A morte do eu ou a morte como apertura — 79, Cap. 3. O tempo, as cousas e os acontecementos – 79, Á procura do instante soberano – 90, A cousa en si –94, Os acontecementos e os estados de cousas: o espazo da liberdade — 105, Cap. 4. O deus de Clarice – 105, Unha pegada spinozista – 111, O creacionismo e o seu rexeitamento – 116, Sobre a alma e de que modo accede a deus – 124, Deus é un estado do ser – 130, A función da fe — 135, Epílogo. O silencio de deus.