Anotacións sobre literatura e filosofía

Publicación sen periodicidade fixa, en acceso aberto e formato PDF. Leva unha cabeceira que recolle parte do subtítulo da Web euseino.orgAnotacións sobre literatura e filosofía. Dedicada ao pensamento e ao ensaio, publica artigos de autores e autoras galegos, traducións e entrevistas con pensadores contemporáneos. A súa finalidade é incitar ao pensamento e á escritura sobre filosofía e literatura.

Editada por Beatriz Fraga. Fundada e dirixida por Carlos Lema.

ISSN 2340-8537


Termos e condicións das publicacións

Para facilitar o traballo das persoas voluntarias do equipo editorial e preservar a coherencia das diferentes liñas do catálogo de Euseino? Editores, ao acceder á publicación dunha obra (libro, artigo, entrevista, tradución, etc.), as autoras, autores, tradutores e tradutoras aceptan implicitamente os criterios de edición (lingüísticos, tipográficos, etc.) empregados nas publicacións da Fundación Euseino? segundo decisión desta última e agás acordo previo noutro senso.

Os dereitos de reprodución dos artigos publicados en Anotacións sobre literatura e filosofía pertencen aos seus autores e tradutores, a revista unicamente ten dereitos sobre a primeira publicación en idioma galego.

Se vostede desexa propoñer a publicación de artigos, entrevistas ou traducións, prégase se poña en contacto con Euseino? Editores.

Cartografía da ficción

Números publicados

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 1, setembro de 2013
Carlos Lema, “Cartografía da ficción”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 2, novembro de 2013
Rebeca Baceiredo, Das identidades alternas ás alternativas:  saír dos corpos programados

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 3, febreiro de 2014
Michael Marder, “O pulso da fenomenoloxía”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 4, marzo de 2014
Giorgio Agamben, “Elementos para unha teoría da potencia destituínte”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 5, xuño de 2014
Quentin Meillassoux, “Do materialismo especulativo”, entrevista con Rick Dolphijn e Iris van der Tuin

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 6, setembro de 2014
Inma Otero Varela, “A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 7, xaneiro de 2015
Miguel Penas, “Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións: obxectos, procesos e relacións”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 8, abril de 2015
Rebeca Baceiredo, Beatriz Blanco e Abraham Rubín, “As conferencias da Sorbona. Corpos, propiedade e subxectivación”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 9, xuño de 2015
Graham Harman, “Da causación vicaria”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 10, setembro de 2015
Anna Longo, “Deus fóra dos límites da crítica kantiana”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 11, febreiro de 2016
Chus Pato, “A mímese arcaica”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 12, xuño de 2016
Rubén Salgado, “A detonación estética do común. Explorando a emancipación das prácticas estéticas hexemónicas”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 13, setembro de 2016
Brais Arribas, “Ontoloxía hoxe? (Somos unha conversa)”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 14, novembro de 2016
Xosé Monteagudo, “A ficción narrativa na literatura actual: da escritura á lectura”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 15, xaneiro de 2017
Roberto Abuín“Ogham, ou arredor da escrita”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 16, maio de 2017
Artur Casas-Agilda“Fronte ao problema da representación: figura e realidade en Wittgenstein e Borges”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 17, marzo de 2018
Carlos Lema“Propedéutica do realismo especulativo: da resistencia correlacional á realidade transfinita”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 18, xuño de 2018
Miriam Sánchez Moreiras“Poesía e veredición. Unha aproximación ao pensamento de Alain Badiou”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 19, setembro de 2018
Miguel Penas, O fracaso da Intelixencia Artificial computacionalista. A posibilidade dunha concepción corporal da cognición”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 20, maio de 2019
Abraham Rubín, Alteracións correlativas. Sobre o suxeito moderno, a ficción científica e a alteridade radical”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 21-22, xaneiro de 2020
Tristan Garcia, Do algo”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 23-24, maio de 2020
Roberto Abuín, Todo ser humano é un artista”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 25, setembro de 2020
Mario Losada, “O presente especioso”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 26, febreiro de 2021
Brais Arribas, “En procura da realidade: Graham Harman e a súa OOO”

Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 27-28, xuño de 2022
Fabio Gironi e Reza Negarestani, “Enxeñería do mundo, artesanía da mente”


Apoie as publicacións en acceso aberto
coma Anotacións sobre literatura e filosofía.

A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente, agradece a súa contribución.
As doazóns a entidades inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego son deducibles de impostos conforme marca a lexislación vixente.


SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

2 opinións sobre “Anotacións sobre literatura e filosofía

  1. Pingback: Ensaio e rede | deContado

  2. Pingback: A ficcionalización do eu muller | Criticalia

Deixar un comentario