Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 13, setembro de 2016
Brais Arribas, “Ontoloxía hoxe? (Somos unha conversa)“
Publicamos un ensaio do filósofo Brais Arribas sobre unha das cuestións centrais que preocupou a filosofía ao longo da súa historia: o problema da realidade. A cuestión acerca do estatuto da realidade e outra igualmente central que a acompaña: como coñecela, se é que é posible facelo. O discípulo galego de Gianni Vattimo fai neste artigo unha achega sintética a un dos grandes debates da filosofía desde os pensadores gregos.
no contexto de dominio do paradigma científico como vía de exploración do real, cabe formularse a pertinencia da filosofía que o estuda: a ontoloxía. É hoxe necesaria? Pódenos dicir aínda algo interesante? Ou debemos levantar acta da súa defunción e dedicarnos a outra cousa? Non fai falta manter por máis tempo o suspense, xa que neste artigo defenderase non só a necesidade de manter ben viva a ontoloxía senón que cremos ademais que se trata dunha disciplina clave para manter unha relación xusta e saudable tanto no interior das relacións humanas coma nas que establecemos co noso medio.
Velaquí unha contribución pensada para o mellor coñecemento dunha das grandes correntes de pensamento do que actualmente se denomina filosofía continental, fronte á filosofía analítica, de matriz fundamentalmente anglosaxona, e fronte ao realismo especulativo.
34 páxs.
Edición non venal en PDF
Descarga gratuíta
Apoie as publicacións en acceso aberto.
A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.