Berta Dávila

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). A súa obra narrativa iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de Novela, 2008), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010). Recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol en 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen, obra coa que tamén obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción. En 2014 foi nomeada autora do ano pola Asociaición de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Con Carrusel (Editorial Galaxia, 2019) obtivo o Premio García Barros de novela e o Premio da Crítica. En 2020, volve obter o Premio Repsol coa novela Illa Decepción e en 2021 o Premio Xerais con Os seres queridos e o Jules Verne de narrativa xuvenil con Un elefante na sala de estar. En 2022, publicou o libro de literatura infantil Demetrio Demoscopio perdeu a chispa (Edicións Xerais).

En 2021, fundou xunto con Carlos Meixide a editorial Rodolfo e Priscila.

Dirixe e edita a colección Rúa do Lagarto de Euseino? Editores.

En euseino.org
Decálogo da novela. O nome da illa“, euseino.org, 13 de xaneiro de 2021

Máis simple e máis fondo. No pasamento de Joan Didion“, euseino.org, 28 de decembro de 2021

Fundación Euseino?
Fondo Berta Dávila: os cadernos de notas orixinais de Illa Decepción, Os seres queridos, Un elefante na sala de estar eDemetrio Demoscopio perdeu a chispa.