Fondo Chus Pato

A doazón de catorce cadernos de anotacións manuscritas de Chus Pato á Fundación Euseino?, da que a autora de Charenton é padroeira, constitúe o alicerce do Arquivo Euseino? de Documentación Autorial.

Fondo Chus Pato está constituído por catorce cadernos manuscritos pola poeta, cadernos nos que se recollen as anotacións que acompañan a xénese de obras coma Fascinio, m-Talá e Carne de leviatán e que abranguen un período que vai de 1991 a 2013. 

Ademais destes cadernos, o Fondo documental da autora de Secesión está formado pola correspondencia electrónica completa mantida con Carlos Lema ao longo de dez anos de amizade.

Deste xeito, e seguindo os obxectivos e as actividades fundacionais
sinalados nos seus Estatutos, a Fundación Euseino? ten como propósito a constitución dun arquivo dixital para a preservación de obras literarias e filosóficas e documentación autorial en soporte electrónico, ou informático, fornecendo o seu acceso libre a través da Internet.

De por parte, Euseino? Editores, a liña editorial da Fundación, encargarase da publicación da Obra Completa de Chus Pato.

Acceda aos orixinais do Fondo Chus Pato na ligazón: Manuscritos de m-Talá.