Actividades → Encontros con autores / Charlas no Pensatorio 2018 / Filosofía nas Bibliotecas 2016 / Convocatorias → Filosofía nas Bibliotecas / Bases / Conferencias e Participantes / Calendario das conferencias 2016
Euseino? Editores é a denominación da liña de publicacións da Fundación Euseino?
Fundación Euseino? é unha organización non lucrativa independente, declarada de interese cultural e de interese galego pola Xunta de Galicia e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
Finalidade. Segundo establece o artigo 6 dos seus Estatutos, a Fundación Euseino? ten por obxecto:
“difundir e promover a filosofía e o pensamento non dogmático en idioma galego mediante a distribución e a transmisión libre das ideas, axudando dese xeito á creación dun ámbito de pensamento que fomente a actividade cultural arredor da filosofía e da literatura, ao mesmo tempo que tamén impulsa a súa relación coa ciencia e coa estética, esta última como ontoloxía xeral dos obxectos retóricos e materiais”.
Constituída en outubro de 2015, a Fundación promove a Filosofía e a reflexión sobre Literatura, especialmente mediante a comunicación pública a través da Internet, libros e publicacións periódicas tanto impresas coma dixitais e electrónicas, con atención especial ao Acceso Aberto. Colabora e participa en actividades dirixidas á difusión e ao debate do pensamento filosófico e científico, ademais do pensamento sobre a Literatura, organizando e patrocinando coloquios, cursos e seminarios.
A través do Acceso Aberto e da Internet, apoia a incorporación do pensamento filosófico galego a redes internacionais de debate, fomentando a colaboración entre organizacións e colectivos independentes. Nese mesmo ámbito, a Fundación Euseino? ten como propósito a constitución dun arquivo dixital galego para a preservación de obras literarias e filosóficas e documentación autorial elaboradas en soporte electrónico ou informático.
A Fundación Euseino? tamén apoia a escritura en galego de obras de Filosofía, Estética Literaria e Estética en xeral mediante a concesión de axudas e bolsas para a súa publicación.
Sede
Fundación Euseino?
Rúa do Brasil 40-42, 5º Esda.
36204 Vigo (Galicia)
Contacto
Escribir á Fundación Euseino?