Helena de Carlos

Helena de Carlos (Barca de Barbantes, 1964) é doutora en Filoloxía clásica e profesora titular do departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. Especializada en estudos sobre a latinidade medieval, levou a cabo as súas investigacións en cidades como Lisboa, Múnic e Florencia. Colaborou en diversas publicacións coma Nordés, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Ólisbos e Alquimia.

Autora dos poemarios Alta casa (Espiral Maior, 1996), 1999 (Xerais, 2001), Aracné 3 (antoloxía, Concello de Santiago de Compostela, 2006) e Vigo (Premio da Crítica, Galaxia, 2007). Traduciu Consolación da filosofía, de Boecio (Galaxia, 2005) e Utopía, de Tomás Moro (Universidade de Santiago de Compostela, 2011).

Outras obras da autora: páxina en academia.edu

En euseino.org
“Do argumentum, euseino.org, 31 de agosto de 2017.