Lucía Castro

Lucía Castro (A Coruña, 1980) é licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados en 2006 polo Departamento de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, sendo investigadora de posgrao nesta universidade e participando en varios grupos de investigación, entre eles, Filosofía do Imperio e Filosofía Xeopolítica da Historia. Entre as súas publicacións cómpre citar artigos coma “El pensar como potencia en Martin Heidegger” (2007), “Lógos y téchne. El lenguaje en la pro-ducción” (2009) e “É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade” (2012), ademais de diversas traducións do alemán publicadas nas obras Filosofía del Imperio (2011Teología y teonomía de la política (2012)Tras unha estadía de investigación na Albert-Ludwigs Universität de Freiburg (Alemaña), volve á Coruña en 2011, colaborando en diferentes proxectos sociais da cidade e participando nas actividades culturais promovidas pola asociación Proxecto Derriba, da que forma parte.

En Euseino?

Participa no Programa “Filosofía nas Bibliotecas” 2016 coa conferencia “Os xeitos do común perante a propiedade e a débeda”.