Arquivo Euseino?

Arquivo de documentación autorial

Arquivo Euseino? de documentación autorial, situado na planta superior da sede da Fundación Euseino? en Vigo, cunhas instalacións especialmente deseñadas para ese fin, é o lugar onde se custodian e gardan as inscricións dos procesos de produción literaria. A súa finalidade é a preservación dos orixinais electrónicos ou en papel de obras literarias, tamén das filosóficas, os seus esbozos, os restos da elaboración das obras recollidos e inscritos en cartas, correos electrónicos, manuscritos, versións, corrección de probas, etc.

Inclúe o Fondo Chus Pato, o Fondo Carlos Lema, o Fondo Anxos Sumai, o Fondo Berta Dávila e o da filósofa e escritora Rebeca Baceiredo, cos orixinais das súas obras, axendas e cadernos de notas, o Fondo Numax, cun tipo de documentación de gran valor porque recolle imaxe fílmica e voces das autoras e autores galegos, e o Fondo Euseino? Editores, este último con toda a documentación editorial, desde contratos, probas de imprenta e ferros ata orixinais electrónicos e traballo de edición.


Pode solicitar a consulta dos fondos do Arquivo Euseino? na ligazón:

Imos valorar con atención a súa solicitude para contestarlle o antes posible.