María do Cebreiro

María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976), poeta e ensaísta, entre outras obras é autora dos poemarios O estadio do espello (Edicións Xerais, 1998), (nós, as inadaptadas) (Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 2002), Os hemisferios (Editorial Galaxia, 2006), Os inocentes (Galaxia, 2016) e A lentitude (Chan da Pólvora, 2017). Como ensaísta, publicou As terceiras mulleres (Editorial Galaxia, 2005), Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (Galaxia, 2011) e Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Galaxia, 2022).

É profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

En euseino.org
“Decálogo da crítica literaria. Entre o arquivo e o mapa”, euseino.org, 2 de novembro de 2022