Persoas voluntarias

Colabora e participa nun proxecto independente e non lucrativo no ámbito da cultura.

Pódelo facer en calquera dos programas que ti escollas e durante o tempo que desexes, nos días da semana e época do ano que che resulte posible e co horario vespertino que sexa máis axeitado para ti:

Programa Euseino? Social

Has participar na mediación e na organización de acontecementos culturais arredor do libro, a literatura e do pensamento.

  • Persoa voluntaria de información, atención ao público e mantemento.
  • Persoa voluntaria en coordinación de actividades.
  • Persoa voluntaria administrativa.
  • Persoa voluntaria para redes sociais e vídeo en liña.
Programa de edición

Poderás participar na nosa redacción editorial e aprender edición e composición de libros literarios e de filosofía.

  • Persoa voluntaria para revisión lingüística e estilística.
  • Persoa voluntaria para preparación de orixinais.
  • Persoa voluntaria para composición tipográfica.
  • Persoa voluntaria en tradución.
Programa Arquivo Euseino?

Participa na catalogación, dixitalización e organización do noso arquivo de documentación autorial (orixinais literarios, correspondencia electrónica, cadernos de notas, cartas).

  • Persoa voluntaria en clasificación de documentos.
  • Persoa voluntaria en dixitalización de documentos.
  • Persoa voluntaria para o repositorio dixital.

Escolle o programa ou programas nos que desexas colaborar. Se respondes, por favor, estas preguntas has axudar a que coincidan a túa solicitude e o teu perfil cunha función de persoa voluntaria apropiada. Grazas polo teu interese en ser persoa voluntaria e apoiar a nosa organización. Cubre e envía o formulario seguinte:


Disporás da cobertura dun seguro de accidentes e responsabilidade civil tal como indica a lexislación vixente (Lei 10/2011, do 28 de novembro de Acción Voluntaria de Galicia). Ao final da túa actividade como persoa voluntaria, has recibir un certificado da actividade voluntaria realizada e, caso de ser oportuno, unha carta de recomendación.

Todas as persoas voluntarias da Fundación Euseino? teñen acceso gratuíto ás actividades de Euseino? Social previa reserva. No caso das actividades formativas do LaPLit e da consultoría do GabOr han gozar dunha bonificación do 25%. Tamén poderán adquirir —con bonificación de prelanzamento— as novidades de Euseino? Editores; e cun desconto do 10% e envío gratuíto (unicamente a Europa) o resto dos títulos do catálogo.