Convocatorias

Filosofía nas Bibliotecas

A Fundación Euseino? convoca este Programa co obxectivo de fomentar e apoiar a organización de actividades e conferencias para a difusión do pensamento filosófico nas Bibliotecas Públicas galegas.

No ámbito da cultura e do pensamento é esencial, ademais da existencia dunha plataforma de publicación de obras, o fomento de actividades coas que difundir na sociedade galega as ideas expostas polos pensadores e pensadoras na súa obra para logo poder debater libremente sobre elas coa finalidade de consolidar un pensamento non dogmático.

colaboración coas bibliotecas públicas tamén incentiva a realización de actividades complementarias ao Programa e posibilita a participación de destinatarios de diferentes sectores sociais, culturais e educativos.

Convocatoria de 2016 [prazo rematado]

Bases / Bases [descargar PDF]

Participantes e sinopse das conferencias

Formulario de solicitude