Lev Tólstoi

Lev Nikoláevich Tólstoi (Iasnaia Poliana, 9 de setembro, 1828-Astapovo, 20 de novembro, 1910) foi un escritor, filósofo e activista social ruso.

Fíxose célebre no seu país grazas a unha serie de relatos de mocidade escritos sobre a realidade da guerra. O nome de de Tólstoi acadou posteriormente sona mundial polo suceso das novelas Voina i mir (“Guerra e paz”, 1869) e Anna Karenina (1877), ás que cómpre engadir obras narrativas coma Smert’ Ivana Ilyichá (“A morte de Iván Ilich”, 1886) e Kreitzerova Sonata (“Sonata a Kreutzer”, 1889).

A sona do autor tamén está vencellada ao seu pensamento pedagóxico, filosófico e relixioso, que expresou en ensaios e cartas que inspiraron a conduta da “non violencia”.

En euseino.org
“Dos ‘Diarios’ de Lev Tóstoi”, euseino.org, 5 de abril de 2026