
Anxos Sumai
Ilustracións de Minia Regos
ISBN 978-84-127031-5-3
Col. Onocrótalo
1ª edición, 1ª impresión: xaneiro de 2026
280 x 200 mm
Tapa dura
48 páxs. Impreso en cor.
PVP 19 euros [18,24 + 4% IVE]
Mercar
A nena de xeo – Compra con tarxeta
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío incluídos (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, utilícese exclusivamente a ligazón “Na internet”.
20,90 €
Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)
Nun recanto do gran Glaciar onde só se escoitan estalidos, murmurios de xeadas e o tenue ruído das fendas que se abren paso entre os montes brancos, nace Catarina, unha nena de xeo.
A aparición inesperada dun agasallo fortuíto da natureza, en forma de froito, racha a rutina e presaxia un cambio inusitado na vida da protagonista. A imaxinación literaria de Anxos Sumai unida ás asombrosas ilustracións de Minia Regos dan forma a este libro. Xuntas elaboran unha narración que esperta a curiosidade e convida a deterse para gorentar as súas páxinas.
Un álbum para mirar devagar, agardar a que se derreta nas mans… e deixar que rexurda na memoria.
A edición literaria, traballo colaborativo
Un equipo editorial coordinado por Beatriz Fraga traballou durante seis meses na preparación do orixinal escrito por Anxos Sumai e ilustrado por Minia Regos. O álbum A nena de xeo sae do prelo como mostra do traballo colaborativo realizado pola maquetadora Raquel da Riba e as voluntarias do Programa de Edición e de Euseino? Social Uxía Felpeto, Laura Molinos, Clara Jorge Blanco e Yaiza López Vila. Traballaron arreo para editar esta obra de Anxos Sumai, escritora senlleira e narradora dunha orixinalidade e estilo inesquecibles; as asombrosas ilustracións de Minia Regos acaban por configurar un libro cheo de matices e suxestións sobre a infancia, o emprego literario das imaxes e a imaxinación.
Logo da entrega do orixinal pola autora e do traballo de ilustración levado a cabo por Minia Regos, realizouse a lectura e a revisión combinada con varias propostas de posta en páxina, tanto tipográficas coma de deseño. A lectura editorial supervisouna Anxos Sumai, en constante relación co equipo de redacción e edición coordinado por Beatriz Fraga.
O obxectivo do proceso editorial, ademais de ter como finalidade a publicación do libro, implicaba a realización dun traballo colaborativo entre a autoria literaria e plástica e o equipo editorial que se encargou da corrección, revisión, maquetación e planificación da difusión de A nena de xeo, cun coidado especial posto en que edición, fabricación e difusión se adapten ás características estéticas da obra e sirvan a todas as persoas participantes como experiencia da simbiose entre a parte autorial e a editorial.