Anxos Sumai (Catoira, 1960) é autora de Anxos da garda (Premio da Crítica, A Nosa Terra, 2003), Melodía de días usados (Galaxia, 2005), e das novelas Así nacen as baleas (Premio Repsol e Premio San Clemente, Galaxia, 2007) e A lúa da colleita (Premio García Barros e Premio da Crítica, Galaxia, 2013).
Exerceu como arquiveira no Consello da Cultura Galega e colaborou na web culturagalega.org, ademais de participar noutras publicacións periódicas e colectivas.
En euseino.org
A nena de xeo, álbum ilustrado, colección Onocrótalo.
Fundación Euseino?
Fondo Anxos Sumai: consta de catro cadernos manuscritos dos anos 1982, 1985 e 1986 contendo apuntamentos e debuxos, cadernos aos que se engaden relatos inéditos da década de 1980 e unha carpeta con apuntamentos da novela inacabada “Raíña de corazóns”, de finais de da década de 1980 e principios da de 1990. Ademais doutra carpeta contendo anotacións soltas das décadas de 1980, 1990 e 2000.