Cecilia F. Santomé (San Simón da Costa, Vilalba, 1984), que editou a revista Coolt, publicación de tendencias pioneira na Internet en galego, é autora das novelas Quérote. Eu tampouco (Edicións Xerais de Galicia, 2019), Unha rapaza de provincias e As despedidas (Xerais, 2021 e 2024). En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora polo seu relato “34, Rue Saint Jacques”. En 2021, foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía por “As orfas daquel verán”.
Actualmente é editora, como persoa voluntaria, na Fundación Euseino?, onde coordina a sección “A Carta Postal” da páxina Web euseino.org.
En euseino.org
“Decálogo da novela. Elixe a túa aventura”, euseino.org, 21 de abril de 2022.
Traducións
“Dixen sen máis (1)”, por Hélène Cixous, euseino.org, 28 de novembro de 2022
“Dixen sen máis (2)”, por Hélène Cixous, euseino.org, 21 de decembro de 2022
“Dixen sen máis (e 3)”, por Hélène Cixous, euseino.org, 16 de xaneiro de 2023
“¿Ficción ou fabulación? (1)”. Correspondencia entre Robert Louis Stevenson e Henry James, euseino.org, 19 de marzo, 2025