Henry James

Henry James (Nova York, 1843 – Londres, 1916) está considerado o precursor do modernismo literario e un dos grandes narradores en lingua inglesa. Coñecido por novelas coma Roderick Hudson (1875), The Portrait of a Lady (1980-81), The Bostonians (1985-86),The Wings of the Dove (1902) The Ambassadors (1903) e The Golden Bowl (1904), tamén publicou novelas breves, entre as que cómpre salientar Os papeis de Aspern (1888, tradución galega de Manuel Outeiriño, col. Biblioteca de Traduccións, Sotelo Blanco, 1995), Outra volta á torniqueta (1898, tradución galega de Manuel Anxo Laxe Freire, Edicións do Cumio, 1989) e A besta na xungla (1903, tradución galega de A. Tobar, Hugin e Munin, 2014). Foi tamén autor teatral e autor do ensaio The Art of Fiction (1884).

En euseino.org
“O filósofo e o literato (1)”, euseino.org, 14 de novembro de 2023
“O filósofo e o literato (2)”, euseino.org, 6 de febreiro de 2024
“O filósofo e o literato (e 3)”, euseino.org, 2 de xullo de 2024
“¿Ficción ou fabulación? (1)”. Correspondencia entre Robert Louis Stevenson e Henry James, euseino.org, 19 de marzo de 2025