
ISBN 978-84-127031-1-5
Col. Casabranca 14
1ª edición, 1ª impresión: novembro de 2023
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
128 páxs.
PVP 18 euros [17,31 + 4% IVE]
Verdade e acción. A certeza pragmática – Compra con tarxeta
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.
19,90 €
Mercar
Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)
Xa hai tempo que non cabe agardar que a ciencia produza verdades inapelables, capaces de fulminar por si mesmas as crenzas falsas e as opinións interesadas. No seu lugar, e no mellor dos casos, ofrécense consensos de expertos, baseados en hipóteses e teorías sometidas a unha revisión permanente.
Esta situación non cadra coa idea común segundo a cal a realidade é algo que está aí, agardando a ser descuberta, nin coa de que o coñecemento verdadeiro é o que se adecúa a ela. Para Fernando González Gándara, a persistencia dese concepto de verdade como adecuación é o que impide comprender e valorar na súa xusta medida esas verdades en proceso indefinido de elaboración.
A través dunha orixinal interpretación da filosofía de William James, o autor deste libro defende un concepto pragmático de verdade segundo o cal esta se fundamenta nos seus efectos prácticos e na actividade na que se producen. Unha idea sinxela que implica unha radical transformación do noso xeito de entender a experiencia e a realidade.
Índice: 15, Cap. 1. O pragmatismo – 15, Énfase na acción – 18, A influencia do darwinismo – 22, As máximas pragmáticas — 27, Cap. 2. Verdade e realidade – 27, A verdade como correspondencia – 29, O intento de superación do paradigma correspondentista – 30, A verdade como converxencia – 34, O feito bruto – 40, Os universais: o legado de Duns Scoto — 43, Cap. 3. A verdade construída – 46, Sobre a linguaxe da ciencia – 49, A copia na cerna da correspondencia – 52, Verdade a longo e curto prazo – 56, Realismo construtivo — 61, Cap. 4. O empirismo radical – 63, O monismo epistemolóxico neutral – 66, Crítica ao dualismo – 68, Dualidade reinterpretada: conceptos e perceptos – 71, O concepto desde un punto de vista pragmático – 82, Realismo de mosaico e pluralismo noético – 87, A experiencia pura – 91, A natureza das categorías – 94, Plasticidade da realidade – 99, Cap. 5, A cuestión do relativismo – 99, Humanismo e instrumentalismo – 104, Reflexións sobre o criterio de utilidade — 113, Conclusión. A verdade a escala humana — 117, Bibliografía
A opinión da crítica
“A verdade como problema, ou o problema é o trazo groso. Verdade e acción”, por Rebeca Baceiredo. Publicado en Praza Pública o 29 de decembro de 2023.
“Euseino? mantén a publicación de filosofía coma no sentido arendtiano se entendía a acción do diálogo, algo antagónico aos totalitarismos. Con esa liberdade en si mesma que ten o aparentemente ínútil, a inutilidade do pensar coincidiría coa liberdade e coa mesma verdade.
A verdade é a noción problemática sobre a que verte unha perspectiva Fernando González Gándara, autor de Verdade e acción. No libro recupérase a achega de William James, algo eclipsada e, porén, xerme da filosofía analítica, da posmodernidade e das correntes que entenden a ontoloxía como protagonista das determinacións epistemolóxicas (p. 9). En principio, Euseino? ofrece un lugar de encontro á filosofía máis abstracta, máis pura, fronte a modelos máis divulgativos que simplemente explican o presente e fronte formas de expresión que se sosteñen na doxa ou organizan as impresións —críticas— sobre a actualidade.”
