
Autora: Sara Guerrero
Autora homenaxeada o Día das Galegas nas Letras 2025
ISBN 978-84-127031-3-9
Col. Rúa do Lagarto 4
1ª edición, 1ª impresión: setembro de 2024
1ª edición, 2ª impresión: novembro de 2024
1ª edición, 3ª impresión: abril de 2025
1ª edición, 4ª impresión: agosto de 2025
1ª edición, 5ª impresión: decembro de 2025
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
82 páxs.
PVP 12 euros [11,54 + 4% IVE]
Mercar
Eu son o monte
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.
13,90 €
Na internet
(gastos de envío gratuítos para persoas subscritas á Carta de Información)
En aparencia, o monte non é completamente hostil, non é unha selva. Nel asexa un tipo de vida que, sendo parcialmente allea, tamén nos é propia. O monte seméntano, cóidano e chapódano os seres humanos.
Sara Guerrero conta neste libro, ao tempo familiar e inhóspito, a chegada dunha parella a unha aldea galega. Regresan á casa semiabandonada dos devanceiros, forman parte dos que logo de xeracións volven de América. ¿Que os agarda? ¿Como afastar a desconfianza dos veciños e anoar outra vez vencellos? ¿É posible sobrevivir sen traballo nin recursos?
Cun xeito de narrar directo e xenuíno, sen esquivar verdades, a autora acada os matices delicados da proximidade mais tamén os desa aspereza que asoma por tras da literatura de cerna, a da xente inerme, sen coiraza, aberta ao mundo.
Velaquí un libro que raña coma as silvas e tamén é doce coma as amoras, unha narración ás veces estremecedora, ás veces balsámica. O relato dunha muller que noutro país —no noso país— consegue atopar tamén o seu.
Índice: 11, Por unha estrada estreita … — 13, Asómome … — 73, A muller entra …
A opinión dos editores
“Literatura e hospitalidade“, euseino.org, 26 de maio de 2025.
“A publicación da 3ª edición de Eu son o monte, de Sara Guerrero, lévanos a facer unha reflexión a partir desta obra narrativa na que realidade ficcional e realidade actual se iluminan mutuamente. Un tipo de ficción narrativa que non busca a comodidade da persoa lectora a través dunha identificación inmediata co tema e cos personaxes. A obra deixa nas mans de quen le a decisión, abre a capacidade de interpretación ao non fixar previamente unha recepción adecuada.”
Sumario: “Literatura, ou o idioma como hospitalidade”, “Hospitalidade sen propiedade”, “A proximidade do dicir”, “A escisión”, Bibliografía.
A opinión da crítica
Entrevista a Sara Guerrero, Zigzag, Televisión de Galicia, 13 de novembro de 2024.

“O pulo dunha ollada“, Ramón Nicolás, Fugas, La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2024.
“Resulta realmente suxestivo o pulo dunha ollada que actúa como un escalpelo […] co obxectivo de construír un mapa […] do vivido, por veces brutal e por veces tenro.”

Carlos Negro, Zigzag, Televisión de Galicia, 3 de decembro de 2024.
“Moi potente para un público lector galego. Desubícanos, sácanos da nosa tradición literaria sobre o rural, da tona dos anuncios turísticos, dun rural idealizado. […] Un debate moi interesante sobre se somos tan acolledores como pensamos.” (Min. 3:55 en diante)

Sabela Mendoza, acuerpodebaile, Instagram.
“Cada palabra ou silencio do libro entraña outra palabra ou silencio soterrado. E mesmo asi, todo está á vista. Lin Eu son o monte todo decontino. Quedei mudada. […] logra dar transparencia ás capas mais danadas e opacas da nosa epiderme […] é coma unha sacudida do que sobra, un canto ao monte que espera, un desexo doutro porvir.”
“Desmitificar o rural“, por Tensi Xesteira, Sermos, Nós Diario, decembro de 2024.
“Desertar do balbinismo“, por Emma Pedreira, Biosbardia, 2024.
“É extraordinaria esta maneira de escribir de Guerrero, con tan pouco. Colocar as latas de comida da caridade nos andeis igual que cada liña do texto, moitas veces fragmentario e poético, e cunha necesidade de agochar para facer discurso do silencio.”
“A disolución do humano: abrir as fiestras e bailar“, por Branca Trigo, O Salto, 15 de decembro de 2024.
” […] achegueime a Eu son o monte, de Sara Guerrero, con poucas ganas, por traballo, e, ao final, atopei un libro que me falou de fronte.”
Sara Guerrero é a autora homenaxeada como ‘Nosa Señora das Letras’ de 2025
“A plataforma crítico literaria feminista A Sega homenaxea coa ‘Nosa Señora das Letras’ de 2025 á escritora Sara Guerrero.” Nós Diario, 24 de maio de 2025.
“A literatura é unha casa”, por Sara Guerrero. A Sega, 24 de maio de 2025.
“Eu son o monte“, por Dolores Vilavedra. Diario Cultural, Radio Galega, xuño de 2025.
“Escritora migrante”, Manuel Bragado, Opinión, Nós Diario, 12 de agosto de 2025.
“Novelada pola dramaturga mexicana en Eu son o monte (Euseino?, 2024) como unha experiencia de escisión, cóntase dende a sensación inicial de perda do que ela foi até o trauma posterior que supuxo desvincularse do territorio e da comunidade, representada pola metáfora do monte, á que se incorporou. É, recoñece, a aldea a que provocou a súa crise identitaria, mais tamén a que permitiu conectar coa cultura que a recibe, a pesar de que a comunidade receptora non se interesase por saber que era. Texto narrativo breve, recomendabilísimo, amosa que vivir no rural obriga a atender aos desexos persoais sen descoidar a voz colectiva; como imprescindible é escoitar con empatía ás persoas maiores para que dese encontro xurda o intercambio de coidados e saberes.”







