Apoie e participe nas actividades de Euseino? Social
Euseino? Social é un lugar de encontro para persoas interesadas na escritura, a lectura e o pensamento. Cada vez que vostede abre un correo electrónico de Euseino?, le un ensaio publicado en acceso aberto en Anotacións sobre literatura e filosofía, colle un libro das coleccións Casabranca e Rúa do Lagarto ou un percorre un álbum de Onocrótalo, está a facerlle sitio á literatura e ao pensamento en galego. Por ese motivo, quedámoslle moi agradecidos. Infórmese agora das novas formas de apoiar o labor de Euseino?
Ademais da subscrición gratuíta á Carta de Información mensual, acceder ao Arquivo Euseino? de documentación autorial e ao fondo de artigos e libros electrónicos de euseino.org, poderá participar e apoiar a organización dos coloquios, obradoiros de escritura, conferencias e presentacións organizados por Euseino? Social na sede da Fundación Euseino? en Vigo e por videoconferencia. Tamén se pode beneficiar de condicións especiais para consultar e asesorarse no Gabinete de Orixinais, onde podemos axudar a preparar os seus proxectos literarios de cara á súa presentación a editoriais e premios.
Se vostede desexa apoiar a organización de actividades e publicacións pode formar parte da membresía de Euseino? Social. Temos catro graos de afiliación:
1) Persoa subscritora.
- Con acceso gratuíto ás actividades públicas (coloquios, conferencias etc.).
- Desconto do 15 % (en prepublicación) das publicacións e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español).
- Gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 10 % en cursos de escritura e actividades semellantes.
Doazón de 2 euros ao mes.
Doazón de 20 euros ao ano (con bonificación de 4 euros incluída).
Dual (para dúas persoas, agás cursos de escritura e actividades semellantes, en achega única de duración anual): 30 euros.
2) Persoa colaboradora.
- Con acceso gratuíto ás actividades públicas (coloquios, conferencias etc.).
- Desconto do 20 % (en prelanzamento) das publicacións e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español).
- Gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 20 % en cursos de escritura e actividades semellantes.
- Acceso inmediato, con chave persoal e durante seis meses, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo dun Caderno de Campo (120 páxinas para anotacións) da Papelería Euseino?
Doazón de 4 euros ao mes.
Achega de 40 euros ao ano (con bonificación de 8 euros incluída).
Dual (para dúas persoas, agás cursos de escritura e actividades semellantes, en achega única de duración anual): 70 euros.
3) Persoa benefactora.
- Acceso gratuíto ás actividades públicas (coloquios, conferencias etc.).
- Desconto do 20 % (en prelanzamento) das publicacións e gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español).
- Gastos de envío gratuítos (dentro do Estado español) para compra en liña.
- Bonificación do 25 % en cursos de escritura e actividades semellantes.
- Acceso inmediato, con chave persoal e durante un ano, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo de 2 Cadernos de Campo (de 120 páxinas para anotacións cada un) da Papelería Euseino?
Doazón de 6 euros ao mes.
Achega de 60 euros ao ano (bonificación de 12 euros incluída).
Dual (para dúas persoas, agás cursos de escritura e actividades semellantes, en achega única de duración anual): 90 euros.
4) Persoa benefactora de honra.
- Acceso gratuíto a todas as actividades públicas (coloquios, conferencias etc.).
- Ha recibir todas as novidades publicadas por Euseino? Editores gratuitamente (en prepublicación e para envíos dentro do Estado español) e dedicadas de xeito personalizado polas súas autoras ou autores.
- Bonificación do 30 % en cursos de escritura e actividades semellantes.
- Acceso inmediato, con chave persoal e sen limitación de tempo, ao repositorio dixital do Arquivo Euseino?
- Agasallo da colección completa dos Cadernos de campo (tres cadernos).
Doazón de 150 euros* ao ano ou cantidade superior a vontade. Este grao de membresía inclúe o uso dual agás cursos de escritura e actividades semellantes.
* As doazóns de 250 euros e menores son deducibles do IRPF nun 80% (de 150 euros é posible deducir 120, polo que o custo para a persoa doadora queda en 30 euros). Todos os graos de membresía de Euseino? Social considéranse unha doazón a unha organización non lucrativa, polo que é deducible fiscalmente na declaración da renda das persoas físicas.
Vostede pode, se o desexa, agasallar con calquera modalidade de membresía a outra persoa, como un xeito de complicidade literaria.
Ou pode facer unha doazón, grande ou pequena.
Doazóns
A doazón de calquera cantidade,* grande ou pequena, dá pulo ao labor de publicación de Euseino? Editores e euseino.org, ademais de axudar á organización de actos culturais. Se apoiar un lugar para o pensamento e a literatura en galego é algo importante para vostede, considere facer unha doazón á Fundación Euseino?. Apoia así unha liña de publicacións dedicada á filosofía e á literatura non comercial, un arquivo de documentación autorial e un lugar para actividades e coloquios, para a escritura e a independencia de criterio.
Euseino? Editores, euseino.org, Arquivo Euseino? e Euseino? Social forman parte da Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente que se sostén unicamente co apoio de persoas benefactoras, colaboradoras e voluntarias. A súa independencia está garantida pola completa autonomía económica respecto de calquera institución ou organismo gobernanental.
Fai unha doazón única
Fai unha doazón mensual
Fai unha doazón anual
Escoller unha cantidade:
Ou indicar a cantidade que se desexe:
Agradécese a achega.
Agradécese a achega.
Agradécese a achega.
DoarDoar mensualmenteDoar anualmente* As doazóns de 250 euros e menores son deducibles do IRPF nun 80% (de 250 euros é posible deducir 200, polo que o custo para a persoa doadora queda en 50 euros). A partir de 250 euros a deducción é dun 40 % e dun 45% cando no exercicio e nos dous anteriores se doara un importe igual ou superior á mesma entidade.