Filosofía da individuación

No centro da modernidade filosófica, atópase o problema da gran partición entre materia e pensamento. Por un lado, unha natureza, materia ou obxecto que son transcendentes ao humano mais que se poden coñecer a través da ciencia; polo outro, a sociedade, a cultura, o suxeito e o pensamento, definidos pola liberdade da súa autoprodución inmanentista. Unha materia pasiva, cega e estúpida, e un pensamento activo, espontáneo e autodeterminado. Mais esa división entre o “humano” e o “non humano” responde a unhas categorías creadas e non á natureza dos fenómenos.

A termodinámica do non-equilibrio, as estruturas disipativas físico-químicas, os individuos físicos —un cristal, por exemplo— e o pampsiquismo serven a Miguel Penas para botar luz sobre os modos de inventividade da materia, sobre a inesgotable capacidade coa que dá lugar a todo tipo de realidades, vivas e inertes, humanas e non humanas, conscientes e ­inconscientes. O proceso de individuación é unha relación entre ­elementos heteroxéneos. Xa non hai un interior dotado de identidade e un exterior que introduce  accidentes nel. O individuo é relación: a planta é un lugar de comunicación entre o sol e as sales minerais do chan.

*  *  *

Índice: 11, Agradecementos – 15, Introdución – 25, cap. 1. Procesos e produtos, individuacións e individuos – 25, As filosofías do proceso – 45, O real é un proceso, o real é un produto: a filosofía da individuación.— 69, cap. 2. Materia viva e materia non viva – 69, O problema da relación entre a materia e a vida – 79, Materias informadas e formas materializadas: a individuación física – 81, i) Orixe tecnolóxica do hilemorfismo – 87, ii) Orixe biolóxica do hilemorfismo – 89, iii) Orixe psicosocial do hilemorfismo – 91, iv) Orixe física do hilemorfismo – 95, O tobogán enerxético da individuación.— 111, cap. 3. Das pedras aos animais: o concepto de ser vivo – 111, A individuación biolóxica – 120, Pensar o ser vivo no medio e como medio: a afectividade – 128, Afecto, emoción e individuación psíquico-colectiva.— 139, cap. 4. A autoorganización da materia – 139, Posibilidade e necesidade dun diálogo entre a metafísica e a ciencia – 147, O nacemento dunha disciplina: a termodinámica do non-equilibrio – 158, Os diferentes modos de existencia dos cristais e das estruturas disipativas – 166, Cara a unha teoría da autoorganización da materia.— 177, cap. 5. Realismo construtivista – 177, Saíndo da aporía: a construción da realidade – 184, O difícil realismo da filosofía da individuación – 191, A relación como orixe e ser dos individuos .— 205, cap. 6. Os afectos da materia – 205, O pensamento da materia: a cuestión do pampsiquismo – 233, O sentir da materia: cara a un pampsiquismo afectivo – 243, Conclusión.— 249, Bibliografía

*  *  *

ISBN 978-84-945621-2-9

Col. Casabranca 7
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
266 páxs.
PVP 11 euros [10,56 + 4% IVE]

Mercar
Na internet
Na librería

 

A opinión da crítica

Guillermo Rodríguez Alonso en Ágora, vol. 37, nº 1, 2018, páxs. 283-286.

“Ao cabo, Miguel Penas vai achegar algunhas conclusións que han levar a filosofía de Simondon a terreos que este non se atreveu a explorar. Tras a notable formulación da filosofía fundamental da individuación simondoniana, debidamente apuntalada e arrequentada, e co obxectivo de socavar esas grandes particións —especialmente materia/vida e mente/corpo, á luz dos debates entre mecanicistas e vitalistas— o autor presenta a súa propia achega: a posibilidade de estender certa concepción do mental á materia mesma; un pan-psiquismo afectivo.”

Xosé M. Eyré en Ferradura en tránsito, 16 de agosto de 2017.
“Seguindo a Simondon”.

“Pero que son as filosofías do proceso? En que consiste a filosofía da individuación? Para dar resposta a estas preguntas, Miguel Penas segue fundamentalmente ao filósofo francés Gilbert Simondon cando denuncia que a metafísica occidental ‘concede un privilexio ontolóxico ao ser xa constituído’.”

Tabela dos libros en Criticalia: xuño de 2017.

 

 

 

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave