
Autora: María Villamarín
ISBN 978-84-127031-0-8
Col. Rúa do Lagarto 3
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2023
1ª edición, 2ª impresión: xullo de 2023
1ª edición, 3ª imp.: setembro de 2023
1ª edición, 4ª imp.: xaneiro de 2024
1ª edición, 5ª imp.: xuño de 2024
1ª edición, 6ª imp.: novembro de 2025
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
130 páxs.
PVP 18 euros [17,30 + 4% IVE]
Mercar
Diario de dúas casas
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.
19,90 €
Na internet
(gastos de envío gratuítos para persoas subscritas á Carta de Información)
A protagonista de Diario de dúas casas experimenta un desprazamento dobre. A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escritura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.
María Villamarín configura nestas páxinas unha obra narrativa singular e única, a fundación dunha escritura xenuína e evocadora, cristalina e profunda, onde casa e caderno poden ser a mesma cousa, tan real e tan presente para quen escribe como para quen le.
Índice: 13, Nas manchas… — 17, 2017 – 19, A porta azul – 23, Vertixe – 25, Caraveis – 29, Soñar – 31, Puntos de luz – 33, O Brasil – 35, Torta de amorodos – 37, A nogueira – 39, Kadett – 41, Un lazo – 43 As amizades – 45, Chorar – 47, Facer café – 49, Canícula – 53, A horta – 55, Colaxes – 57, A galería – 59, A paisaxe – 61, Non falar con ninguén – 63, Caer – 65, Patacas – 67, Ideas fugaces – 69, Biblioteca — 71, 2018 – 73, As distancias – 77, “A gaiola do paxaro morto” – 79, Pasos – 81, O engano – 83, Inacabado – 85, O xardíns de mamá – 87, Sono reparador – 89, Falar por teléfono – 91, Obras no faiado – 93, As preguntas – 95, A idade – 97, Os bulbos – 99, Os días e as noites – 101, Estar xuntos – 103, As historias – 105, Colleita – 107, Un pardal – 109, Aniversario – 111, Regreso – 113, Celebrar — 115, 2019 – 117, Levar – 119, Adhesivos de ollos de peixe
A opinión da crítica
“Casas, memoria e vida”, por Ramón Nicolás, Fugas, La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2023.
“Unha obra inclasificable pois hibrida trazos dun diario entretecido ou fusionado coa visión descarnada do presente […] Nesa dicotomía, na construción dunha dualidade recorrente […] ocupa un papel relevante a existencia de dous mundos, de dúas casas, de dous territorios hbitados, se se quer, de maneira distinta mais sempre necesarios pois son eles os que estimulan a propia escritura.”

Entrevista a María Villamarín, Zigzag, Televisión de Galicia, 3 de novembro de 2023.

“Realismo, realismo, realismo“, por Xosé M. Eyré, Ferradura en tránsito II, 19 de febreiro de 2024.
“”cómpre sinalar a súa valentía […] a autora […] esixe en quen le unha colaboración activa, vai dirixida a ese tipo de lectura.”
“The traumatic rural unconscious in contemporary Galician culture: hydropolitical violence in literature and film “, por Helena Miguélez-Carballeira, Journal of Spanish Cultural Studies , 18 de novembro de 2024. <https://doi.org/10.1080/14636204.2024.2421449>

