
PREMIO DA CRÍTICA 2023
Autor: Brais Lamela
ISBN 978-84-121580-8-3
Col. Rúa do Lagarto 2
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2022
1ª edición, 2ª imp.: xullo de 2022
1ª edición, 3ª imp.: agosto de 2022
1ª edición, 4ª imp.: outubro de 2022
1ª edición, 5ª imp.: novembro de 2022
1ª edición, 6ª imp.: decembro de 2022
1ª edición, 7ª imp.: maio de 2023
1ª edición, 8ª imp.: xuño de 2023
1ª edición, 9ª imp.: setembro de 2023
1ª edición, 10ª imp.: decembro de 2023
1ª edición, 11ª imp.: abril de 2024
1ª edición, 12ª imp.: xaneiro de 2025
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
182 páxs.
PVP 18 euros [17,30 + 4% IVE]
Mercar
Ninguén queda
Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.
19,90 €
Na internet
(gastos de envío gratuítos para persoas subscritas á Carta de Información)
Tradución para o inglés: pódense solicitar exemplares na ligazón
What Remains
Traducido por Jacob Rogers. Publicado por Bullaun Press.
Entre o verán sufocante de Nova York e as montañas neboentas de Negueira de Muñiz, Ninguén queda segue os pasos dun mozo galego na metrópole norteamericana mentres rastrexa a historia dunha muller desaparecida nos asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960.
Os pisos de estudantes no estranxeiro, as comunas que emerxen dos restos dos encoros e os personaxes ensimesmados que acumulan fragmentos de tempo esquecido conflúen nun relato sobre a existencia do fogar en circunstancias límite; un relato que traza o contorno do abandono e o desposuimento mais tamén o da supervivencia obstinada.
Cunha linguaxe interrompida, que transita e hibrida as fórmulas do ensaio interpretativo e as estratexias da ficción, Brais Lamela escribe unha obra sobre o arraigamento e a intersección de mundos, unha arquitectura literaria sutil que atopa novas posibilidades de escritura e asume desvíos e fracasos, un artefacto impuro, crebadizo, conmovedor.
Índice: 9, Nota do autor — 13, 1. Os que marchan — 107, 2. Os que volven — 173, Agradecementos
A opinión da crítica
crítica de NINGUÉN QUEDA, de Brais Lamela, na nova colección Rúa do Lagarto, de Euseino?, por Xosé Manuel Eyré, en Ferradura en Tránsito II, 28 de xullo de 2022.

“… a literatura se non é multiformal…entón si que temos que preocuparnos… é positiva a reflexión a que se nos convida. Sería unha parvada establecer ou requirir cotas de ficción na narrativa, a narrativa non só é ficción.”
Brais Lamela: «Vivir nun lugar propio pode ser un acto de vangarda, por Carme D. Prol, Fugas, La Voz de Galicia, 29 de agosto de 2022.
“A última sorpresa da literatura galega é unha historia entre dúas realidades, a obra dun autor novel que xoga co ensaio e a ficción.”

Crónicas do desarraigo, por David Rodríguez, Nós Diario, 19-VIII-2022.

“Os 15 grandes sucesos literarios do verán en Galicia”, por Ana Abelenda, Fugas, La Voz de Galicia, 12-VIII-2022.

Brais Lamela, autor de ‘Ninguén queda’: “O que queda non é politicamente neutro, pódese activar”, Diario Cultural, Radio Galega, 8 de agosto de 2022.
Colonos que se desorientan na noite, por Jaureguizar, Galiciaé, grupo El Progreso, 9-VIII-2022.

‘Ninguén queda’, a primeira novela de Brais Lamela, por Dolores Vilavedra, Diario Cultural, Radio Galega, 20 de setembro de 2022.
“Unha narración orixinal e mestiza, tecida cos vimbios da memoria, da (auto)ficción e do ensaio, na que resoan as voces asulagadas polas enxurradas da Historia.”
O rastro dos sedimentos, por Ramón Nicolás, Fugas, La Voz de Galicia, 13-I-2023. Tamén en Caderno da Crítica.
“Unha proposta que recomendo pola súa solidez, polo que ofrece e por como o ofrece.”

Camiñar polas nosas ruínas, por Rodrigo Herrera Alfaia, El Salto – Galiza, 11-XII-2022.
“O autor propón un exercicio que ficcionaliza o propio proceso de investigación. E este non é un detalle menor porque axuda a propoñer unha relación entre a investigación e a práctica estética. Unha estratexia narrativa que é interesante porque suxire que ambos procesos están sometidos a procedemento que non son alleos.”

Los mejores libros de 2022, por Dolores Vilavedra, El País, 17-XII-2022.
“Un texto vocacionalmente híbrido, entre el ensayo y la autoficción.”

Suso de Toro comenta “Ninguén queda”, en Suso De Toro Autor Literario (https://www.facebook.com/suso.detoro) , 9, 16 e 17 de xullo de 2023
“NINGUÉN QUEDA” (1): “Empezo ler “Ninguén queda” de Brais Lamela (Euseino? Editores). É literatura. Non é ficción. Que cousa é pois? É literatura. Desa literatura que gusto de ler e que eu pensaba que era por causa dos anos e da fatiga de ter lido e mais escrito ficción tantos anos.”
“NINGUÉN QUEDA” (2): “O escritor é alguén que se dedica a escribir historias, é un mester, un oficio e mais unha maneira de estar no mundo; mundo que é a vida.
Mais hai quen ten unha historia que contar e iso condúceo a facerse escritor. Debe de ser o caso do autor deste libro. Tiña unha historia para contar, unha historia que lle importaba.
Tanto lle importaba que tiña unha relación directa coa súa vida. Ou, simplemente, tratábase da súa vida. E contala é un dos modos, ou o modo, de facela súa. Hai quen precisa contar a súa vida para ter unha vida.”
[…]
“É un libro intelectual, moito, mais tamén está cheo de patetismo e hai un gran centro poético, que se cobre pudorosamente con reflexións intelectuais. Un modo de evitar achegarse directamente ao lugar onde se quere ir e ao que tamén se teme chegar. O lugar da ferida.”
[…]
“NINGUÉN QUEDA” (e 3)
“Este é un libro importante e que merece permanecer porque, como dixen, o autor tiña unha cousa para contar. E contouna. Non é unha ficción dun narrador, é un relato poético moi contemporáneo.
Unha narración tan nosa e tan universal como a vida.”
[…]
‘Ninguén queda’, autoficción xeracional, por César Lorenzo Gil, en Biosbardia, 19-VI-2023
“O primeiro acerto narrativo de Lamela é non renunciar ao perfil ensaístico. A literatura debe ser subxectiva, contar desde un punto de vista concreto, e é interesante ver como ese narrador en primeira persoa comparte as súas teimas, case obsesións, ao redor do tema que estuda. Lamela consegue que o lector o siga incluso cando o tema se fai árido ou se lle nota que retorce até o máximo a súa percepción para relacionar determinadas experiencias co seu obxecto de estudo.
E máis alá do valor literario deste recurso, o subliñado dese punto da nosa historia serve para iluminalo. A historia ten como función localizar os sucesos que nos precederon, pero só a literatura é quen de encarnalos e darlles alento. E Ninguén queda consegue este obxectivo.”
“The traumatic rural unconscious in contemporary Galician culture: hydropolitical violence in literature and film “, por Helena Miguélez-Carballeira, Journal of Spanish Cultural Studies , 18 de novembro de 2024. <https://doi.org/10.1080/14636204.2024.2421449>

