Sara Guerrero

Sara Guerrero (Cidade de México, 1994) cur­­sou estudos no Centro Universitario de Teatro da Universidade Nacional Autónoma de México, no Institut del Teatre de Bar­ce­lona e na Universidade da Coruña. Ademais de xornalista e crítica literaria, coa súa obra dramática Raigame participou en 2021 no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, sendo merecedora do Premio á Mellor Interpretación. No ano 2022, obtivo unha axuda á creación do INJUVE cun pro­xecto de investigación sobre a literatura ­escrita por mulleres migrantes no Estado es­pañol.

Na actualidade, traballa na Fundació Surt de Barcelona.

Foi a autora homenaxeada pola plataforma feminista A Sega o Día das Galegas nas Letras de 2025.

En Euseino? Editores
Eu son o monte (col. Rúa do Lagarto 4).