Proximamente, en Euseino? Social

  • Coloquio e lectura do libro
    A distancia do lobo, de Antón Lopo

    Nova edición da biografía de Uxío Novoneyra.

    5 de marzo, xoves, ás 19’30 horas, na sede da Fundación Euseino?,
    Rúa de México 37, Vigo.

    O autor vai estar na compaña da actriz Mónica Caamaño e de Carlos Lema, editor da primeira versión do libro.

    Entrada libre

    A partir das entrevistas e dos discursos do poeta, reconstrúese a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. Con ese material, e mediante entrevistas con Elba Rey —viúva de Novoneyra— e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase un percorrido pola vida dun home que converteu a poesía nunha forma de comportamento.

    Noudelo e Ribón Ed.

    19 euros

    Ao dispor das persoas lectoras exemplares do libro para compra e para consulta.