Organizada polo Ateneo Atlántico
Conversa e presentación de
Intelixencia e creación, de Carlos L. BernárdezA obra plástica de Francisco Miguel
9 de marzo, luns, ás 20 horas, na sede da Fundación Euseino?,
Rúa de México 37, Vigo.O autor do libro ha estar na compaña de Pepe Carreiro, representante de Laiovento e deseñador.
Entrada libre

Nos primeiros anos vinte, o pintor Francisco Miguel estivo ligado ao núcleo coruñés que dará orixe á revista Alfar. Desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que se espalla polas revistas ultraístas, interesado por captar o ritmo e o dinamismo. O autor do libro realiza un percorrido exhaustivo pola obra e a vida do artista.
Edicións Laiovento
104 páxs., 19,95 euros
Ao dispor das persoas lectoras exemplares do libro para compra e para consulta.