Chus Pato

Chus Pato (Ourense, 1955), é autora de doce poemarios, entre os que cómpre salientar a pentaloxía Decrúa, antes método”, que inclúe m-Talá (Xerais, 2000; Euseino?, 2020), Charenton (Xerais, 2003), Hordas de escritura (Xerais, 2008), Secesión (Galaxia, 2009), Carne de leviatán (Galaxia, 2013) e Un libre favor (Galaxia, 2019). O seu último libro publicado é Sonora (Xerais, 2024, Premio “Nacional” de Poesía).

Obtivo o Premio Losada Diéguez no 1997 por Nínive, o Premio da Crítica de poesía galega no 2008 e o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2009 por Hordas de escritura.

Vive preto da fraga de Catasós, onde medran cara o ceo os castiñeiros máis altos de Europa.

É membro da Real Academia Galega. Formou parte, como vogal, do Padroado da Fundación Euseino? desde outubro de 2015 a agosto de 2024.

Publicado en Euseino?

A mímese arcaica”, Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 11, febreiro de 2016.
m-Talá. Edición do Vixésimo Aniversario (Obra completa, vol. extra). Edición crítica de Carlos Lema.

En euseino.org

“O natal para o poema”
Os sons dun silabario – O son dunha palabra que nunca escoitei – O son do Stalker
“Lectura silenciosa”

Urania 1. Chus Pato dialoga con Genaro da Silva sobre “O pintor cego”.
Urania 2. Chus Pato dialoga con Oriana Méndez sobre “Interna”.
Urania 3. Chus Pato dialoga con Xabier Cordal sobre “resistencia da auga”.
Urania 4. Chus Pato dialoga con Nieves Neira Roca sobre “Neve en agosto”.


Fundación Euseino?

Fondo Chus PatoFichas catalográficas
Os manuscritos orixinais de m-Talá.