Caleidoscopio dos contos

Caleidoscopio dos contos

242-43

Representacións da regularidade, coma o disco de Poincaré, outorgan estatuto estético, isto é, perceptivo, a aquilo que ao contemplar o mundo é imperceptible. Velaí a a regulación da regularidade como nomos ou lei do percibido. Desa regularidade, e da súa función na potencialidade do discurso, escribiu Michel Foucault caracterizándoa como aquilo que domina a “historia tradicional das ideas” e que determina a súa significatividade. A noción de “discurso” é a dun conxunto de técnicas ou enunciados que se establecen respecto de un referencial, un tipo de distancia enunciativa, unha rede interpretativa e un campo de estratexias posibles. Unha hipótese parella á da regularidade foucauldiá, formulouna Thomas Kuhn na súa obra The Structure of Scientific Revolutions (1962) ao observar que, historicamente, a maioría dos progresos científicos acontecen en épocas nas que se dá un acordo case total arredor dun “paradigma” consensuado nun subcampo da ciencia concreto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s