” Como Balzac era un xenio e como o propio de todo xenio parece que é achegar unha solución definitiva e exclusiva, decretouse que o propio da novela era ‘facerlle a competencia’ ao estado civil. […] ¡Para que preocuparme eu polo estado civil! O estado son eu, o artista; civil ou non, a miña obra non pretende competir con ninguén.” [183]
“A miña novela non ten suxeito. Si, ben llo sei; isto que digo parece unha parvada. Supoñamos, se vostede prefire, que non terá un suxeito… ‘un anaco de vida’, como dicía a escola naturalista. O gran defecto desa escola é cortar o seu anaco sempre no mesmo senso; no senso do tempo, en lonxitude. ¿Por que non ao largo? ¿Ou en profundidade? […] O que eu quero é presentar por unha banda a realidade e, pola outra, ese esforzo para estilizala do que lle acabo de falar.” [184-185]
“—As obras de arte son actos que duran.” [264]