“[…] no silencio enorme, a exaltación de todos os ruídos naturais […]” [16]
“Todo está relacionado e eu sinto, entre todos os feitos que me ofrece a vida, dependencias tan sutís que sempre me parece que non sabería cambiar un soa delas sen modificar o conxunto enteiro.” [91]
“Os apetitos dos outros é fácil que parezan excesivos cando un non os comparte.” [224]
“Víanse as cimas das árbores do xardín, sobre o que aínda pairaba unha cantidade inmensa de verán dispoñible.” [247]
“Armand deitouse completamente vestido. Sabe que non vai poder durmir. Agarda pola fin da noite. Cavila. Escoita. Repousan a casa, a cidade, a natureza enteira; ningún ruído.” [295]
“O sol brillaba; un aire vivo limpaba as árbores das súas follas derradeiras; todo parecía límpido, azulado. Édouard levaba tres días sen saír. Unha alegría inmensa dilataba o seu corazón; e incluso parecíalle que todo o seu ser, envoltorio aberto e baleiro, aboiaba nun mar indiviso, nun océano divino cheo de bondade. O amor e o bo tempo ilimitan así os nosos contornos.” [311]