“A novela ocupouse das encrucilladas da sorte, da fortuna boa ou mala, das relacións sociais, do conflito das paixóns, dos caracteres, mais non da esencia mesma do ser.” [123]
“O novo [caderno], no que escribo isto, non vai abandonar tan axiña o meu peto. É o espello co que me paseo. Nada do que me acontece ten para min existencia real mentres non o vexo reflectido nel.” [155]
“[…] Cómpre darse de conta de que nas parellas, e falo das máis unidas, non sempre é o marido o que decide. Mais vostede non está casado, así que iso tanto lle ten.
—Perdóeme, dixen eu a rir; sonlle novelista.” [223]
“Pauline enderéitase bruscamente. Mira para min e levanta os ombros. ‘Cando unha muller se mostra máis resignada é cando sempre parece máis razoable’, afirmou con sorna.” [308]
“No fondo, preguntábame cal podería ser o estado dunha muller que non se resignase. Enténdase: dunha ‘muller honesta’… ¡Coma se iso que se chama ‘honestidade’ nas mulleres non implicase sempre a resignación!” [309]
“Cando era novo, tomaba decisións que imaxinaba virtuosas. Preocupábame menos ser quen era que converterme en quen pretendía ser. No presente, falta pouco para que vexa na indeterminación o segredo para non avellentar.” [324]