“Orfeo”, de W. H. Auden, e “A escolla”, de W. B. Yeats

Estes poemas de W. H. Auden e W. B. Yeats, traducidos do inglés por Carlos Lema, publícanse con carácter esexético e interpretativo, tal como se deixa constancia no artigo que remite a eles: “Autoridade e música poética, 1”.

W. H. Auden
Orfeo
¿Que agarda o canto? ¿E que agardan as mans
Ao moverse case coma os paxaros, temesiñas, xeitosas?
             ¿Quedar engaiolado e ser feliz,
             Ou, sobre todo, saber que é a vida?

Mais a beleza conténtase coas notas que atravesan o aire;
Abonda coa quentura. Ai, se o inverno realmente
             Fose o contrario, se a feble folerpa,
             ¿Cal vai ser o desexo, como bailará?

W. B. Yeats
A escolla

O intelecto humano a escoller está obrigado
Da vida ou da obra a perfección,
E decidir a segunda é dar quedado,
Bradando na escuridade, sen unha divina mansión.
Cando esa historia remata, ¿que se acada?
Con sorte ou con esforzo, unha amata:
A vella perplexidade deixa o peto sen nada,
Ou o día da vaidade na noite do remorso remata.