Rúa do Sol é a colección que Euseino? Editores dedica ao pensamento sobre a representación, as artes e a teoría artística. Música, artes decorativas, pintura, literatura … A colección combina a edición dixital (PDF e libro electrónico) co libro impreso.
Os libros en acceso aberto levan a cor maxenta na cuberta. Unha das catro cores básicas da cuadricromía na imprenta moderna.
Serie Anónima
Libros de pequeno formato e extensión breve, a serie Anónima ten un carácter non venal e a súa renuncia á noción de autoría defínea de xeito senlleiro, ampliando así a liña de publicacións de Euseino? en acceso aberto e difusión non comercial. Sobre temas diversos, son obras que, ao prescindir da autoría, se poden reproducir total ou parcialmente mediante calquera medio xa que non son propiedade de ninguén. Difúndense como agasallo, calquera persoa doadora pode solicitar un exemplar.
Termos e condicións das publicacións
Para facilitar o traballo das persoas voluntarias do equipo editorial e preservar a coherencia das diferentes liñas do catálogo de Euseino? Editores, ao acceder á publicación dunha obra (libro, artigo, entrevista, tradución, etc.), as autoras, autores, tradutores e tradutoras aceptan implicitamente os criterios de edición (lingüísticos, tipográficos, etc.) empregados nas publicacións da Fundación Euseino? segundo decisión desta última e agás acordo previo noutro senso.
Títulos publicados
Rúa do Sol
1. Owen Jones, Principios xerais para o axeitamento da forma e da cor en Arquitectura e Artes Decorativas, consonte se defende ao longo desta obra (extracto de Gramática do ornamento). Traducido do inglés por Hadrián Loureiro. Noticia do autor por Alberta Costa.
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF]
2. Quentin Meillassoux, Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese. Traducido do francés por Carlos Lema.
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]
3. Rebeca Baceiredo, A verdade errada e a representación errante
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]
4. Beatriz Fraga, A representación da Bela Dormente a través da indumentaria. Da pintura prerrafaelita ás “imageries” de Warja Lavater
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]
5. Antón Blanco Casás, Ensaio sobre o poema e o mar da morte
[Edición non venal. Acceso aberto. PDF e libro electrónico]
Serie Anónima
1. A prol e en contra do cinema
[Edición non venal. Agasallo para persoas doadoras. Libro impreso, encadernación grampada]
Apoie as publicacións en acceso aberto.
A Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente,
agradece a súa contribución.