Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese


En acceso aberto:
 Un Coup de dés [PDF]  /  Un Coup de dés [edición electrónica] [ebook en arquivo comprimido zip]  /  Un Coup de dés [edición electrónica] [ebook —vía Dropbox]

 

Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese, de Quentin Meillassoux, recolle a conferencia pronunciada o día 6 de maio de 2012 na Miguel Abreu Gallery de Nova York. Para a realización desta tradución empregouse o orixinal francés inédito, facilitado polo autor, e consultouse ademais a edición realizada en inglés por Robin Mackay para o volume VIII, “Casino Real”, da revista Collapse, publicada por Urbanomic (Falmouth, 2015). Agradecémoslles a ambos a xentileza da súa colaboración.

O poema de Stéphane Mallarmé “Un Coup de dés jamais n’abolira le hasard” [“Unha tirada de dados”, trad. de Eme Cartea, Barbantia, nº 7, p. 253] constitúe se cadra a ruptura máis radical na historia da poesía moderna: liñas espalladas por toda a superficie da páxina dobre, xogo co corpo dos caracteres inspirado no procedemento dos carteis, multiplicación dos incisos que derrotan a lectura. Mais a súa intriga aínda é máis estraña e resiste sempre calquera elucidadción plena. No poema atopamos un naufraxio e un contramestre mergullado entre as cristas das ondas mentres garda no seu puño uns dados que dubida se lanzar. O heroe presente que o rtesultado da aposta, se esta é posible, había ser extraordinariamente importante: un Número que se diría “único” xa que soamente pode ser ese e ningún outro.

O libro de Meillassoux proponse resolver o enigma: ¿cal  é o senso dese número —o Metro, un metro novo—no que repousa o conxunto do poema? Mallarmé agachou ese Número baixo un código secreto introducido en “Un Coup de dés” como a chave que abre o dispositivo da Poesía Moderna. Estudo literario minucioso, investigación ateigada de intriga e, finalmente, tamén hipótese filosófica que ha cambiar a nosa concepción da literatura e do mundo, este texto de Quentin Meillassoux expón dunha maneira sintética e accesible o obxectivo do proxecto teórico elaborado no seu libro Le Nombre et la sirène: “Un Coup de dés” como o meirande poema consagrado ao Azar eterno e ao papel do ser humano —e especificamente do poeta, no caso de Mallarmé— fronte a ese absoluto sombrizo no que se recoñecen os modernos. O que abraia na obra do poeta é que a súa relación cun Azar entendido como insuperable non o fai renunciar á esperanza do divino dunha forma completamente orixinal: cun xesto que é plenamente materialista pois o materialismo non é un ateísmo, “o materialismo non consiste en negar os deuses senón en materializalos”.

Índice:  9, Materialismo alén do ateísmo – 17, O metro e o código – 23, O Maître e o poeta príncipe – 45, O Libro e a misa – 55, O máis simple dos metros – 69, O tesouro do dragón negro – 73, O Mestre e o Azar – 79, Dúbida e infinitización – 93, Un novo xesto materialista – 95, Apéndice. O poema

Título orixinal: “Le Coup de dés, ou la divinisation matérialiste de l’hypothèse”.

Traducido do francés por Carlos Lema

Col. Rúa do Sol 2
185 x 135 mm
PDF e libro electrónico
128 páxs.

ISBN 978-84-945621-4-3

Edición non venal

Para descargar gratuitamente o libro en formato PDF, calque sobre a ligazón seguinte:

Un Coup de dés [PDF]

Descárgueo gratuitamente tamén en formato ebook —vía Dropbox— na ligazón:

Un Coup de dés [edición electrónica]

Ou ebook nun arquivo comprimido [zip]:

Un Coup de dés [edición electrónica]

 

A opinión da crítica

Fidel Vidal en Café Barbantia, 7 de decembro de 2017.
“Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos”.

“Mallarmé albergaba un soño tolo: para escribir un libro, o “Libro”, supoñía que abondaba só con satisfacer a necesidade de adoración dos seus contemporáneos. Tamén pensa que, ao non haber sociedade sen cerimonias colectivas, a misión do poeta é ofrecer “un culto capaz de cumprir co espírito moderno”, así o resume Quentin Meillassoux en Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese (Euseino?, 2017, tradución de Carlos Lema). Un conxunto cerimonial con minuciosos detalles debía enmarcar a lectura pública.”

 

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSaveSaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave

SaveSave