Revisión do ano 2015

Propoñemos a seguir unha selección do publicado neste blogue durante o ano pasado. Trátase de ofrecer a quen le a posibilidade de relacionar temas, trazar puntos e liñas de coincidencia, considerar o publicado coa perspectiva acumulativa que a súa mesma lectura fornece, detectar interseccións e, para quen escribe, descubrir posibles artigos aínda non escritos. Toda revisión, máis se inclúe unha escolla, é clausura e, ao tempo, declaración leda de todo o que aínda queda fóra.

[Os artigos pódense ler completos ao calcar no seu título.]

Alexandre-Isidore_Leroy_De_Barde_-_Selection_of_Shells_Arranged_on_Shelves_-_WGA12903

 

Xaneiro

Obxectos literarios e ficción dos mundos fóra da ciencia

No artigo “En resposta a Harold Bloom: ¿que é ‘radicalmente novo’?” apuntabamos que esa literatura “radicalmente nova” sobre cuxa ausencia na actualidade chamaba a atención o crítico norteamericano “ha ser, por tanto, aquela que se distancie do dominio da centralidade do suxeito como única posibilidade de acceder ao mundo”, unha literatura que se debe considerar “á parte das relacións” para, […]

 

Febreiro

Ilustrar durante a Secesión

Antes de falar de Heinrich Lefler e de Joseph Urban como ilustradores cómpre falar do final dunha época que, en Viena, deu paso ao inicio da modernidade. A Secesión vienesa formou parte dun movemento coñecido como modernismo. Xestado no lexendario Café Griensteidl en 1897, lugar de encontro de numerosos artistas, naceu como un proxecto de […]

Hipóteses sobre obxectos literarios e formas de representación

Desde a publicación do artigo “Obxectos literarios e ficción dos mundos fóra da ciencia“, chegáronnos algunhas obxeccións referidas a pasos determinados dese texto; para afondar nas anteditas obxeccións, elaboramos neste artigo novo unha serie de hipóteses nas que, fundamentalmente, se trata de sacar o obxecto literario fóra da influencia das formas a priori kantianas como formas de representación […]

 

Marzo

A arte e o mester de Helena Polenova

Aínda que pouco coñecida no resto Europa, Helena Polenova (San Petersburgo 1850 – Moscova 1898) formou parte da xeración de artistas rusas sobranceiras que redescubriron as tradicións populares na rexión de Moscova a fins do século XIX. Pintora, deseñadora e ilustradora, era a irmán máis nova dun dos artistas de máis renome en Rusia, Vasili […]

A novela-máquina: enerxía, operador e materia

Nada é máis difícil de observar que os seres en formación. Cumpriría miralos só de esguello, de perfil. Imos, daquela, probar a observar como se forma un obxecto retórico: o que nós denominamos novela-máquina a partir da descrición que fai André Gide. O punto de partida ha de ser unha constatación que o propio autor nos suxire; […]

A filosofía no obxecto retórico “novela-máquina”

A relación entre filosofía e novela é unha cuestión que pode pasar desapercibida mais que cómpre ter en conta. Especialmente ao fío dos artigos que estamos a publicar neste blogue sobre os obxectos retóricos, as formas literarias e a súa viculación estreita coas formas de representación que a filosofía crítica foi a primeira en salientar […]

 

Abril

“Plastic Bodies”

Os nosos colegas de Open Humanities Press acaban de publicar un dos libros máis interesantes do que vai de ano; referímonos a Plastic Bodies: Rebuilding Sensation After Phenomenology, de Tom Sparrow, que ve a luz na colección New Metaphysics, dirixida por Graham Harman e Bruno Latour. Tom Sparrow, profesor de filosofía na Universidade de Slippery Rock, en Pennsylvania, […]

 

Maio

A novela, xénero literario moderno

A novela, en literatura, xunto coa forma sonata, en música, son as únicas formas artísticas propias da Idade Moderna. Da primeira delas ímonos ocupar aquí, á segunda dedicarémoslle outro artigo máis adiante. Nun libro recente, Fredric Jameson sinalaba a tendencia a identificar a novela co realismo, de tal xeito que se adoita considerar que “a historia da novela […]

Anna Longo: sobre os realismos novos e as condicións do pensamento

Recentemente, Anna Longo publicaba na súa páxina de academia.edu o texto co que iniciou o debate no Coloquio “Realismos novos”, celebrado na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París en decembro pasado. Neste blogue demos noticia da celebración dese coloquio (véxase nesta ligazón ) mais agora interésanos a reflexion de Anna Longo en concreto.  […]

 

Xuño

Liberdade e modulación en Johann Sebastian Bach

Na biografía de Johann Sebastian Bach escrita por Forkel atopamos unhas páxinas dedicadas á modulación musical que nos parecen especialmente salientables. Para o que aquí nos vai interesar, a importancia da obra musical de Bach está fundamentalmente asociada ás súas pezas da camera, singularmente ás escritas para clavicémbalo. Trátase de obras concibidas para a interpretación no […]

A inexistencia divina

Onte publicáronse no suplemento dun xornal español as recensións de dous libros de historia da relixión, ademais dunha extensa entrevista coa súa autora, a historiadora Karen Armstrong, quen afirma, entre outras cousas: “[…] Europa está a quedar moi pasada de moda no seu secularismo. Noutros lugares a xente estase a facer máis relixiosa, para ben […]

 

Xullo

Teoría do azul

Por Beatriz Fraga. Ao longo da historia moitos filósofos, cientificos e artistas trataron de resolver o misterio do azul do ceo e as diferentes tonalidades da bóveda celeste. Empédocles (484-424 a. C.) postulou a teoría das catro raíces mesturadas entre os distintos entes da Terra. Xuntou a auga de Tales de Mileto, o lume […]

 

Agosto

A materia do azul

Logo da publicación do artigo “Teoría do azul”, Beatriz Fraga continúa a súa indagación nesta segunda entrega da serie sobre a cor azul, que ha rematar cun terceiro artigo sobre o azul na obra do ilustrador Maxfield Parrish. Aproveitamos estas reflexións para enunciar aquí unha hipótese verbo das cores como obxectos intencionais, partindo para iso do […]

Azul Parrish

No último artigo da serie sobre a cor azul, Beatriz Fraga fai unha introdución á obra do ilustrador Maxfield Parrish. Logo dun primeiro artigo sobre a “Teoría do azul“, no que, a partir do efecto Tyndall de reflexión e refracción da luz branca do sol, se realizaba un compendio das investigacións sobre a percepción do […]

 

Setembro

Antirrealismo

Na obra de Lee Braver titulada A Thing of this World : A History of Continental Anti-Realism, pódese atopar unha análise do que denominariamos tradición filosófica antirrealista. Tradición que se establecería por unha continuidade no pensamento que abrangue de Kant a Derrida, incluíndo entremedias a Hegel, Nietzsche, Heidegger e Foucault. Segundo Braver, o antirrealismo desenvólvese a partir dun esquema conceptual común que serve de base ao […]

 

Outubro

A filosofía en “Irrational Man”

Non é a primeira vez que o cómico e director de cine Woody Allen lle dedica unha película á filosofía, pois xa en Deconstructing Harry fixo unha parodia baseada no pensamento de Jacques Derrida, ou máis ben da súa influencia nos medios acedémicos e intelectuais dos EUA. En Irrational Man volve sobre o asunto da influencia […]

Linguaxe filosófica e sistema

Na tradución francesa dos Elementos metafísicos da doutrina do dereito (1853), lemos unha nota no pé de páxina na que Jules Barni fai un comentario sobre as críticas feitas a Immanuel Kant pola linguaxe filosófica que emprega. Barni non soamente é tradutor da obra do filósofo de Könisberg senón que é un comentarista ben espelido dela […]

 

Novembro

Publícase “Capitalismo e fascismo”, de Rebeca Baceiredo

Nos próximos días, ha chegar ás librerías Capitalismo e fascismo – Psico-ontoloxía da escravitude, o novo libro de Rebeca Baceiredo. Desta volta, a y da Revolución non vai ser televisada leva a cabo unha análise do capitalismo como sistema que perfecciona as técnicas de poder a través dun dos seus instrumentos principais: a produción de subxectividade. O obxectivo do capitalismo, […]

 

Decembro

A recomendación da crítica

O blogue de crítica literaria Criticalia acaba de publicar a Tabela dos Libros deste mes de decembro cos títulos recomendados polos críticos literarios Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Montse Pena e Armando Requeixo. Entre os libros seleccionados figura con dúas mencións Capitalismo e fascismo, de Rebeca Baceiredo, que acabamos de publicar na colección Casabranca. Martínez Bouzas […]

 

[É posible acceder ao resto dos artigos en “Arquivo”, na columna lateral deste blogue. Recomendamos tamén unha lectura diferente, empregando para iso as “Etiquetas” situadas ao final do blogue e na columna lateral. Grazas pola súa lectura.]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s