Proximamente, en Euseino? Social

  • Encontro arredor do libro
    Trauma España, de David Rodríguez

    16 de abril, xoves, ás 20 horas, na sede da Fundación Euseino?,
    Rúa de México 37, Vigo.

    O autor ha estar na compaña do escritor Manuel Veiga Taboada.

    Entrada libre

    O trauma da cuestión nacional española, que regresa unha e outra vez, cos seus fantasmas, teimas e impotencias. Ademais doutras cuestións que se debruzan na escala galega e viguesa con semellante espírito crítico e historizador. O libro conta cun epílogo a cargo do escritor Manuel Veiga Taboada.

    Libros Lorref, col. Intemperie

    220 páxs.

    Ao dispor das persoas lectoras exemplares do libro para compra e para consulta.

Deixar un comentario