Encontro arredor da novela
Reserva natural, de Álex Mene17 de xuño, mércores, ás 19,30 horas, na sede da Fundación Euseino?,
Rúa de México 37, Vigo.O autor ha estar na compaña do crítico literario Anxo Rajó e da editora Belén López Vázquez.
Entrada libre

Aos seis meses de iniciar a súa relación, Abel proponlle a Aroa facer unha viaxe ás montañas que se estenden pola fronteira entre Galicia e León para visitar uns amigos. O que ela non sabe é que está a comezar un traxecto iniciático cara ao salvaxe. Aroa irá descubrindo o pasado de Abel e dos seus amigos, pero cando todas as pezas cadren xa vai ser tarde de máis. Quizais na Reserva Natural atope a resposta.
Baía Edicións
94 páxs., 16 euros
Ao dispor das persoas lectoras exemplares do libro para compra e para consulta.