Reserva de praza

Para o día 7 de outubro, ás 19,30 horas. As duelistas: escrituras enfrontadas: Berta Dávila e Arantza Portabales. Lugar: sede da Fundación Euseino? na rúa de México 37 baixo de Vigo.


Acceso con achega

Achega de 3 euros por 1 asento.


Achega de 5 euros por 1 asento na segunda ou terceira fila.


Achega de 10 euros por 1 asento na primeira fila.


Para aceder ao acto soamente ten que indicarnos cal é o enderezo electrónico co que fixo a reserva. Para facer varias reservas, debe realizar a achega o mesmo número de veces que prazas desexe reservar.


Acceso libre

As reservas con acceso libre están condicionadas polo número de reservas feitas con achega. Caso de non quedar prazas libres, avisaríase da anulación da reserva o día anterior á data do acto.


Se ademais desta achega quere colaborar na organización doutros actos coma este, se o desexa pode facer unha doazón.

Doazóns

A doazón de calquera cantidade,* grande ou pequena, dá pulo ao labor de publicación de Euseino? Editores e euseino.org, ademais de axudar á organización de actos culturais. Se apoiar un lugar para o pensamento e a literatura en galego é algo importante para vostede, considere facer unha doazón á Fundación Euseino?. Apoia así unha liña de publicacións dedicada á filosofía e á literatura non comercial, un arquivo de documentación autorial e un lugar para actividades e coloquios, para a escritura e a independencia de criterio.

Euseino? Editores, euseino.org, Arquivo Euseino? e Euseino? Social forman parte da Fundación Euseino?, unha organización non lucrativa independente que se sostén unicamente co apoio de benefactores, colaboradores e voluntarios. A súa independencia está garantida pola completa autonomía económica respecto de calquera institución ou organismo gobernanental.

Unha única vez
Mensual:
Anual

Fai unha doazón única

Fai unha doazón mensual

Fai unha doazón anual

Elixe unha cantidade

€5,00
€15,00
€100,00
€5,00
€15,00
€100,00
€5,00
€15,00
€100,00

Ou introduce un importe personalizado


Agradécese a túa contribución.

Agradécese a túa contribución.

Agradécese a túa contribución.

DoarDoar mensualmenteDoar anualmente

* As doazóns de 150 euros e menores son deducibles do IRPF nun 80% (de 150 euros é posible deducir 120, polo que o custo para a persoa doadora queda en 30 euros). Todos os graos de membresía de Euseino? Social considéranse unha doazón a unha organización non lucrativa, polo que é deducible fiscalmente na declaración da renda das persoas físicas.