Encontro arredor da novela
O derradeiro gimlet, de Diego Ameixeiras4 de novembro, mércores, ás 19 horas, na sede da Fundación Euseino?,
Rúa de México 37, Vigo.O autor ha estar na compaña de Fran Alonso, escritor e director de Edicións Xerais.
Ao rematar, hase servir no Café Rosa Negra (r/Ecuador 93) un cóctel gimlet ás persoas asistentes.*
Entrada libre
*Ata fin de existencias (10 ou 12 cócteles).

“Un auténtico gimlet é metade xenebra e metade zume de lima Rose, máis nada.” –O longo adeus, Raymond Chandler
Unha historia na que se amece crime e inmoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con recendo de noir clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.
Edicións Xerais de Galicia, Narrativa
176 páxs. 18,50 euros
Decálogo da novela, por Diego Ameixeiras
“Unha teoría do inexplicable” (ligazón con acceso aberto)
O autor de O derradeiro gimlet escribe sobre o xénero novelístico e a función que ese tipo de ficción exerce na literatura actual. A relación entre realidade fáctica e realidade ficcional, a transmisión do tempo do escritor ao tempo da narración, a responsabilidade de quen escribe e a súa relación cos que o antecederon no xénero e cos que, como persoas lectoras, o seguen en busca desa teoría do inexplicable que é toda novela, son algúns dos asuntos deste decálogo.