Caleidoscopio dos contos, 2

Cabinet des fées

Os cento vinte debuxos incluídos nos corenta e un volumes de Cabinet des fées (1785-1789), reunidos polo chevalier Charles-Joseph de Mayer (1751-1825) a partir da recompilación de corenta “contadores de historias” (Perrault, Madame d’Aulnoy e Jean-Jacques Rousseau, entre outros) representan unha evolución no mundo da ilustración. Cada volume vai acompañado de tres gravados realizados por Clément-Pierre Marillier (1740-1808).

Gran de millo

Posteriormente, no periodo do romantismo, o uso da xilografía permitirá xustapoñer texto e imaxe na mesma páxina. Un exemplo disto é a edición de Curmer dos Contes du temps passé (1843) que, aplicando a modalidade do gravado integral en cobre de texto e ilustración, inclúe a imaxe en todas as páxinas, ofrecendo dese xeito dúas lecturas paralelas.

Curmer

Cabinet des fées publícase en Ámsterdam a véspera da Revolución, reunindo os contos do século anterior e seguindo a tendencia das grandes coleccións que aparecen por subscrición durante o século XVIII. Mayer persegue dous obxectivos esenciais: salvagardar os contos que están en perigo de esquecerse e fornecer ás xeracións futuras modelos e fontes de inspiración. A escolma tamén selecciona e xerarquiza, pois deixa de lado os contos libertinos e, entre os autores escollidos, Perrault ocupa o primeiro lugar.

Caleidoscopio dos contos, 1

Puss-in-Boots-1695Antes de que Charles Perrault publicase os seus famosos Contes du temps passé en 1697, o napolitano Giambattista Basile recolleunos da tradición oral. Basile serviu como militar e durante as súas viaxes recolleu historias da tradición popular recompiladas no libro titulado O pentamerón. O conto dos contos, publicado postumamente en dous volumes entre 1634 e 1636. Igual que o Decamerón e As mil e unha noites, o libro emprega unha estructura narrativa que vai encadeando as historias.

En tempos de Perrault, a ilustración limítase a ser o frontispicio xenérico e unha viñeta ao comezo de cada conto. A imaxe non compite co texto nin pretende resumilo senón que encarna ao conto do que é emblema. Co emprego da xilografía a imaxe intercálase no texto, ofrecendo deste xeito unha lectura paralela. Este esquema perdura ata finais do século XVIII.

 

Cita

Fadas

As fadas das novelas modernas son seres imaxinarios que os autores deste tipo de obras empregan para leirar co marabilloso ou co ridículo que eles espallan, igual ca outrora os poetas facían intervir na epopea, na traxedia e, ás veces, na comedia, as divindades do paganismo: coa súa axuda, non hai idea tola ou rara que non se poida experimentar.

Enciclopedia ou dicionario razoado das ciencias, das artes e dos mesteres, por unha sociedade de xente de letras

Ordenado e publicado polo señor Diderot, da Academia Real das Ciencias e das Letras de Prusia; e, tocante á parte matemática, polo señor D’Alembert, da Academia Real das Ciencias de París, da de Prusia e da Sociedade Real de Londres.