Rúa do Lagarto

Rúa do Lagarto é a liña editorial de Euseino? dedicada á literatura. A escolla dos títulos parte dunha atención á súa independencia da mímese. Entre o mito e a fantasía, esta liña ocúpase de escritos que non se impoñen pola súa imitación da realidade nin pola súa dependencia da división xenérica ou por tipo de lector.

Dentro desta colección, a Serie Onocrótalo de álbumes ilustrados está dirixida a todas as idades, incluídos os primeiros lectores. A súa finalidade é achegar a arte contemporánea a un lectorado que, non necesariamente familiarizado coas linguaxes artísticas, gusta das formas, das cores e da maneira en que se relacionan. Onocrótalo sérvese da sorpresa e admiración perante a arte para provocar a reflexión e estimular o pensamento. Libros elaborados por pintoras, artistas plásticos, escritoras e pensadores. Libros que, coma obxectos encontrados, espilen o pensamento e o pracer dos sentidos. Libros para gardar… no papo.

 

Títulos publicados

1. Beatriz Fraga, O Rei Portador e outras historias

Serie Onocrótalo:

2. Beatriz Fraga, Lica

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s