Corpo-circuítos – Máquinas de subxectivación

Cuberta+lombo

 

 

 

ISBN 978-84-945621-0-5

Col. Casabranca 6
1ª edición, 1ª impresión: maio de 2016

185 x 135 mm
Rústica con lapelas
278 páxs.
PVP 11 euros [10,56 + 4% IVE]



Mercar

Corpo-circuítos – Compra con tarxeta

Mérqueo coa súa tarxeta de crédito e pagamento seguro a través de Paypal sen necesidade de darse de alta nesta plataforma de pago. Gastos de envío (Galicia e Estado español): 1,90 euros (IVE incluído). Para envíos ao resto de Europa e outras partes do mundo, véxase máis abaixo a ligazón “Na internet”.

€12,90



Na internet
(gastos de envío gratuítos para subscritores da Carta de Información)

Na librería


A Idade Moderna caracterízase polo dominio que nela exerce o suxeito como posibilidade exclusiva de acceso ao mundo. Só existe aquilo no que el pode pensar. O suxeito acada —¿definitivamente?— o estatuto de principio e límite transcendental. Neste libro, Abraham Rubín analiza, interpreta e desentraña o mecanismo aparentemente inevitable no que se orixina ese efecto de dominación. Corpos que, como máquinas de subxectivación, imprimen a súa pegada encol da superficie de inscrición chamada capitalismo. A subxectividade como produción.

Materia prima, moeda de cambio e de crédito, a subxectivación tamén é alicerce dun réxime de traballo ­inmaterial e emocional, dunha economía que se constitúe como legalidade única das disposicións e equipamentos colectivos e acaba por dar forma ao desexo como consumo, ao futuro como débeda. Fronte a ese suxeito endebedado xorde a subxectivación do común: a diferenza, o desaxuste, a posibilidade imposible do compartido. Corpo-circuítos que non buscan destruír o dado senón resignificalo ou impulsalo cara a outra dirección. Subxectividades, en ningún caso suxeitos, que se poderían facer cargo dunha comunidade en vías de constitución.

*  *  *

Índice: 9, Agradecementos – 11, Introdución – 23, cap. 1. Produción de subxectividade como semiótica – 23, Unha superficie de inscrición: o capitalismo – 38, A abstracción maquínica – 41, A materia prima da subxectividade – 49, As disposicións colectivas de enunciación – 50, Subxectividades de enunciación contra subxectividades de enunciado – 55, Subxectividades identitarias contra subxectividades diferenciais – 61, Identidade e rostro – 69, Equipamentos colectivos e conformacións semióticas de desexo – 73, A necesidade de devir-outro.— 79, cap. 2. Produción de subxectividade como biopolítica – 83, Contexto do xurdimento da biopolítica – 84, A gobernamentalidade e a poboación – 88, O goberno do económico. A saída fisiócrata – 92, O papel do mercado: da xustiza á verdade – 95, O paso do liberalismo ao neoliberalismo – 98, O homo aeconomicus – 101, O biopoder da economía – 103, Do mercado ao mercado financeiro – 107, A moeda de cambio e a moeda de crédito – 110, Biopolítica das catástrofes – 118, Biopolítica da resistencia – 129, cap. 3. Produción de subxectividade como traballo – 130, Estado e fordismo – 133, Tempos de subsunción real – 135, Máquinas e General Intellect – 144, Capitalismo cognitivo ou posfordista – 154, Consideracións sobre o traballo inmaterial – 156, Do traballador ao consumidor – 159, O traballo cognitivo – 159, O traballo autónomo – 162, O traballo emocional – 169, cap. 4. Subxectivación endebedada – 169, A inscrición da débeda – 173, Intercambio e débeda – 176, Don e débeda – 176, Don e contradón – 183, Don e perda – 186, Don imposíbel – 191, Débeda e culpa – 199, Consecuencias da financiarización da economía – 207, cap. 5. Subxectivación común – 207, Diferenza e común, ou a débeda e o outro – 209, Común contra comunidade – 213, A posibilidade do imposíbel – 221, O desaxuste da comprensión – 227, Capitalismo e colonización do outro – 232, A cuestión da singularidade – 239, Subxectivación utópica – 247, O com-partido – 255, Bibliografía



A opinión da crítica

Tabela dos libros en Criticalia: outubro de 2016.

2016_outubro_tabela

Xosé M. Eyré en Ferradura en tránsito, 28 de setembro de 2016.
A feira da vida baixo o ollo da filosofía:

“Pretender negar que o capitalismo modela e conduce as nosas vidas é inútil ademais de mentireiro. O maquínico do capitalismo é o punto central a partir do cal teñen lugar as conformacións colectivas (económicas, sociais, políticas). Por iso ofrece a posibilidade da creacióndun novum contínuo: a conformación co outro, a escoita do outro (tamén se o outro non é humano) (22) O concepto de máquina é algo novo para o lector pouco avezado en lecturas fiolosóficas. Aquí emprégase (con Deleuze e Guattari) como signo a partir di cal poder acceder a unha apertura de sentido respecto a todo aquilo implicado no social e que, ao mesmo tempo, condiciona o vivido a nivel persoal (27). Todo é máquina, inclusive e sobre todo, a sociedade. Unha sociedade capitalista que se apropia da memoria e da reprodución do procesos de semiotización. Todos somos suxectividades nas cales a máquina imprime modelización ao efecto, desde a escola, a sociedade ou os media como púlpito. A subxectividade é a materia prima do desenvolvemento social.”